Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XXIII — Introdución ción das nosas actividades de divulgación e poten- ciamos as visitas ás nosas facultades e escolas, aos centros de investigación e aos institutos universitarios. Coa intención de lle dar a benvida ao noso estudan- tado e dar coñecer a oferta de actividades do curso académico 2023-2024, celebramos en setembro de 2023 unhas xornadas presenciais no Estadio Univer- sitario de Elviña (no campus de Elviña) e na Praza de Humanidades (no campus de Esteiro) o xoves 21 de setembro. Nesta xornada festiva, a participación do estudantado foi de cerca de 3 000 persoas na Coruña e ao redor de 600 en Ferrol que gozaron de activida- des deportivas, culturais e medioambientais. Conta- mos con 54 postos de diferentes servizos e unidades da UDC no campus de Coruña e 15 en Ferrol. Para difundir a oferta académica de graos e a vida universitaria da UDC, impartíronse charlas nos centros educativos en Galicia e estivemos presentes nas feiras universitarias que se organizaron en Galicia, Oviedo, León e Bilbao. n EMPREGABILIDADE En relación co emprego e a empregabilidade, no ano 2023 leváronse a cabo diferentes accións destinadas ao desenvolvemento de competencias para a mello- ra da empregabilidade do noso estudantado. Neste sentido, desde a Unidade de Emprego levouse a cabo unha nova edición do Programa de Mellora da Em- pregabilidade nos Centros da UDC (PMEC), o cal está conformado por tres módulos dedicados ao autoem- prego, á procura de emprego por conta allea e á pre- sentación de experiencias reais de inserción laboral. En canto á formación, un ano máis impartíronse dous cursos en formato virtual en colaboración co CUFIE: Emprendemento e Autoemprego e Mellora da Em- pregabilidade. Ambos os cursos intégranse dentro do Plan de apoio á aprendizaxe (PAA) destinado ao estudantado da UDC. De igual xeito, a Unidade de Emprego impartiu diferentes relatorios e seminarios por petición dos centros, alén de colaborar na impar- tición de charlas dentro de xornadas de orientación profesional de varios títulos do Plan de acción titorial da Facultade de Economía e Empresa. Ademais, por sexto ano consecutivo, organizouse o Foro Avanza, un punto de encontro entre o estudan- tado e os axentes do mercado laboral. Ao longo de dous días tiveron lugar relatorios, obradoiros e me- sas redondas co fin de mellorar a empregabilidade do alumnado. O último día celebrouse unha Feira de Emprego, para a cal contamos coa presenza de enti- dades de todos os ámbitos de coñecemento, as cales tiveron un contacto directo co público nos mostrado- res informativos e un número importante delas levou a cabo presentacións corporativas e/ou simulacións de entrevistas e dinámicas de grupo. O éxito da primeira edición en 2022 levou a que en 2023 se participe de novo no Programa Campus Rural de prácticas universitarias no medio rural, unha ini- ciativa xurdida da colaboración entre o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), o Ministerio de Universidades, e as universidades pú- blicas españolas. O principal obxectivo desta inicia- tiva é incentivar a chegada de capital humano aos espazos máis despoboados e tratar así de dinamizar o seu tecido produtivo, social e institucional. No ano 2023 incrementouse o número máximo de prazas, que pasou de 12 (en 2022) a 20. De novo, o progra- ma volveu ter moi boa acollida entre o estudantado. Destacamos que a Universidade da Coruña participou en 2023, por segunda vez consecutiva, no programa EU Careers Ambassadors, un feito que aconteceu por primeira vez na nosa institución ao se tratar dunha se- lección de 5 universidades dentro do sistema univer-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==