Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XXIV — memoria 2023 sitario español. Con esta iniciativa trátase de facilitar a transmisión e a promoción das distintas oportunida- des profesionais nas institucións europeas a través da figura dun estudante “embaixador” que actúa como contacto entre a Oficina Europea de Selección de Persoal (EPSO) e a Universidade. A promoción da cultura emprendedora segue a ser un obxectivo principal desta vicerreitoría. Neste sen- tido, ofrecémoslles ao noso estudantado e á comuni- dade universitaria oportunidades de participación en iniciativas vinculadas ao emprendemento. Destaca- mos a colaboración, por oitavo ano consecutivo, no programa “Explorer”. Este programa, auspiciado por Santander Universidades, ten por obxecto impulsar o talento novo e a xeración de proxectos innovadores nun contorno dixital, aberto e colaborativo. A diferen- za das últimas edicións, en 2023 o programa desen- volveuse nunha única sede de xeito híbrido e baixo a coordinación da Unidade de Emprego. Ademais, consolídase a nosa participación na inicia- tiva Startup Programme, da Fundación Junior Achie- vement. A finalidade deste programa é apoiar os/as estudantes nas súas capacidades emprendedoras e, se ben a súa base é virtual, compleméntase coa titori- zación por parte da Unidade de Emprego. Así mesmo, en 2023 asinouse un convenio de cola- boración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para fomentar o emprendemento. Igual- mente, convén subliñar que continuamos colaboran- do co Consorcio para desenvolver aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG) para potenciar aquel a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito da UDC. Por último, é importante destacar que desde a Vi- cerreitoría de Estudantes, Participación e Emprega- bilidade se promove a colaboración en proxectos e estudos relativos á empregabilidade. Así, é preciso destacar o proxecto de xeración de coñecemento sobre as necesidades de formación no mercado la- boral, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e que se levou a cabo en- tre 2022 e 2023 grazas ao excelente labor de PDI e PTXAS da nosa Universidade. A Vicerreitoría tamén está a participar no “Estudio a empleadores de tituladas y titulados universitarios” da Comisión Sectorial de Asuntos Estudiantiles da CRUE e que abarca os anos 2023 e 2024. A mellora da empregabilidade do noso alumnado re- quire tamén dispoñer de boas ferramentas de diag- nóstico. Por iso, o Observatorio Ocupacional da UDC continuou co seu labor de produción de datos útiles sobre inserción laboral, perfís demandados polas em- presas, espírito emprendedor etc. Elaborouse o infor- me anual que permite coñecer o grao de inserción e as características do emprego dos egresados da UDC. O Observatorio, ademais, participou na nova edición do proxecto GUESS, que nos brindará datos sobre o espírito emprendedor do noso alumnado. n PERSOAL TÉCNICO DE XESTIÓN E DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS A primeira das referencias que hai que facer nesta parte corresponde ao feito destacado de que no ano 2023 se realizou o proceso electoral sindical desde o día 8 de febreiro (inicio proceso) ao 9 de maio coas votacións nos distintos colexios. Este proceso desen- volveuse dun xeito excelente e no marco do Acordo do 28 de febreiro de 2023 entre as organizacións sin- dicais da UDC e a Xerencia da UDC. No ano 2023 realizouse a oferta de emprego público do PTXAS da UDC: –– publicada no DOG do 31-05-2023, en que figuran un total de 28 prazas polo sistema de acceso libre e 36 polo sistema de promoción interna.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==