Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XXV — Introdución No DOG do día 10 de novembro publicouse a con- vocatoria do concurso específico para a cobertura de dúas xefaturas de servizo (de Rexistro, Documenta- ción e Arquivo e de Persoal Docente e Investigador) do persoal funcionario técnico, de xestión e de admi- nistración e servizos. No DOG do 31 de maio publicouse a convocatoria das 36 prazas persoal funcionario técnico, de xestión e de administración e servizos, correspondente á pro- moción interna da OEP do ano 2022. Nos DOG do 22 de setembro e do 23 de decembro publicáronse as convocatorias das 15 prazas de per- soal funcionario técnico, de xestión e de administra- ción e servizos, correspondente ao acceso libre da OEP do ano 2022, 9 desas prazas resolvéronse antes de rematar o ano 2023. Os procesos selectivos sinalados realizáronse grazas ao excelente labor realizado polos tribunais de selec- ción e ao persoal do Servizo de PTXAS da UDC. n IGUALDADE A Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) impulsou o programa formativo en materia de igualdade, edu- cación afectivo-sexual, diversidade e non-discrimi- nación para o alumnado. En colaboración co CUFIE ofertáronse 7 cursos con diferentes temáticas. Do to- tal, dous cursos foron dirixidos ao alumnado dos dis- tintos graos de Ciencias da Educación, e do Máster Universitario en Profesorado de ESO, Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas, coa finalidade de reforzar a formación en igualdade do futuro profesorado. Ofer- táronse tamén dous cursos dirixidos a alumnado do grao en Comunicación Audiovisual para cumprir así coas finalidades do Pacto de Estado contra a Violen- cia de Xénero ao impulsar a formación especializada en violencia de xénero para os/as futuros/as profe- sionais dos medios de comunicación. Ademais, ao plan de formación, engadíuselle o deseño dun curso offline totalmente virtual dirixido a toda a comunida- de universitaria sobre masculinidades e relacións de xénero. Dada a problemática que existe nos cursos ofertados de formación en igualdade e prevención da violencia machista, onde se matriculan fundamentalmente mu- lleres, ofertáronse outros dous cursos para alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e a Facultade de Informática. Incidiuse especialmente en impartir esta formación ao alumnado en graos moi masculinizados, co fin de conseguir unha maior parti- cipación de alumnos, e acadouse de forma satisfacto- ria este obxectivo. No caso do profesorado, deseñáronse dous cursos di- rixidos tamén ao persoal docente e investigador, coa finalidade de garantir unha formación en igualdade e de prevención das violencias machistas de forma continua. O primeiro pretende sensibilizar en materia de igualdade de xénero ao introducir a perspectiva de xénero na docencia e ofrecer ferramentas prác- ticas para a súa aplicación, así como dar a coñecer os principais medios, fundamentalmente o plan de igualdade e o protocolo de acoso, con que conta a UDC para a promoción da igualdade para actuar fron- te ás violencias machistas. O segundo curso céntrase na construción de masculinidades igualitarias para a prevención das violencias machistas Co obxectivo de fomentar a inclusión da perspectiva de xénero nas materias das distintas titulacións, este ano completouse con tres novas guías a colección de guías en galego para unha docencia con perspectiva de xénero. Esta iniciativa fixose en colaboración coas oficinas das tres universidades do SUG. A asistencia ao XVI Encontro de Unidades de Igual- dade, organizado os días 1 e 2 de setembro en Valla- dolid pola Red de Unidades de Igualdad de Género

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==