Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XXVI — memoria 2023 para la Excelencia Universitaria (RUIGEU), supuxo un punto de encontro e intercambio de experiencias en relación ás políticas universitarias en materia de xéne- ro, especialmente aquelas introducidas pola Lei orgá- nica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. O 9 de xuño celebrouse en Vigo a oitava edición das Xornadas Universitarias Galegas en Xénero, organiza- das polas tres universidades do SUG, baixo o lema «Epistemoloxías feministas en acción”. O 24 de novembro organizouse na Facultade de De- reito a xornada “As violencias sexuais desde a pers- pectiva penal e médico-forense”, dirixida ao seu alum- nado. Abordáronse os aspectos xurídicos vinculados ao tratamento penal das violencias sexuais producidas por submisión química, pornografía ou agresións se- xuais múltiples. Respecto ás actividades de difusión, aproveitouse a xornada de benvida ao novo estudantado para dar a coñecer a OIX. Colocáronse dous puntos informati- vos, un por campus, e por primeira vez un punto vio- leta con ocasión do concerto que tivo lugar ao final da xornada. A Oficina xestionou diferentes consultas relacionadas con situacións sexistas e/ou machistas e o protoco- lo de acoso, e ofreceu asesoramento tanto a centros como a persoas. Xestionáronse 19 solicitudes de in- tervención relacionadas con casos de acoso sexual ou por razón de sexo e 2 por violencias LGTBIfóbicas. Así mesmo, o Consello de Goberno aprobou, o 20 de decembro de 2023, un novo protocolo axustado á nova Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria, que ten por obxecto promover a elimi- nación de toda forma de violencia, e de discrimina- ción e acoso sexual, por razón de sexo, orientación sexual, identidade de xénero, expresión de xénero ou características sexuais, incluíndo tanto medidas de prevención como de resposta. A Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) e a Uni- dade de Atención á Diversidade (ADI), a través do Servizo de Atención á Comunidade Universitaria LGT- BIQ+, foron os órganos responsables da elaboración e tamén o serán da aplicación deste protocolo. O III Plan de Igualdade da UDC tamén foi aproba- do o 20 de decembro polo Consello de Goberno, Este plan é, por tanto, unha estratexia coordinada e compartida que busca sumar esforzos e vontades de todas as facultades, escolas, departamentos, servizos e entidades dependentes da UDC, con vistas a se- guir adiante na consolidación dunha sociedade máis equitativa. En consecuencia, ten como público des- tinatario o conxunto da nosa universidade, porque o seu obxectivo é a igualdade real e efectiva de opor- tunidades, dereitos e obrigas de todas as persoas da comunidade universitaria. Con esa finalidade deseñáronse as medidas recolli- das no plan, que distingue cinco eixes de traballo, desde a promoción da igualdade na gobernanza e nas políticas universitarias de forma transversal, como a inclusión da perspectiva de xénero na ac- tividade docente, investigadora e de transferencia, pasando polo impulso da formación, sensibilización e comunicación, a prevención e intervención fronte ás diferentes formas de violencia de xénero, a máis grave expresión da desigualdade, ata o eixe de me- didas que melloren a conciliación, a corresponsabili- dade e o benestar. Publicouse un novo número do noso xornal DESLÍGA- TE. Como en anos anteriores, trátase dunha campaña onde se simula un xornal deportivo, coa finalidade de mostrar novas sobre as mulleres no deporte tanto no que respecta aos logros deportivos, moitas veces in- visibilizados. Por último, convocouse unha nova edición do con- curso para premiar os mellores proxectos fin de grao

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==