Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro

— XXVII — Introdución ou fin de máster con perspectiva de xénero, en que se ampliou a contía destinada aos segundos premios. Nesta edición dos Premios Ángeles Alvariño foron premiados dez traballos que destacaron pola súa ca- lidade e orixinalidade, ademais da acertada metodo- loxía que se usou para incluír os aspectos de xénero en temáticas moi diferentes. Dentro do plan de co- municación do protocolo da UDC, publicouse un con- curso de creacións artísticas para o promover entre a comunidade universitaria. Pola súa banda, o CEXEF levou a cabo diferentes acti- vidades grazas a un convenio co Concello da Coruña. n CULTURA O 2023 supuxo un crecemento de asistencia na pro- gramación cultural. Sen dúbida, gozou da participa- ción do público en xeral e foi un ano marcado pola abundancia de visitas ás exposicións acollidas en Normal, o éxito das actividades a elas asociadas, así como polo regreso do Festival de Teatro Universitario da Coruña (FITEUC) que se desenvolveu no Fórum Metropolitano (A Coruña) os días 18, 25 e 26 de abril, con grande afluencia de público e con pezas tanto de teatro como de danza. Respecto aos obradoiros, contaron cunha ampla ma- trícula tanto no campus de Ferrol (Centro Cultural Universitario) como no da Coruña (NORMAL, Espazo de Intervención Cultural). Dando continuidade ao acordo asinado coa Funda- ción María José Jove no ano 2021, en 2023 foi con- vocada a III Edición do Programa de Residencias Ar- tísticas NORMAL-FMJJ que ofertou, como na anterior convocatoria, dúas residencias. Recibíronse 170 soli- citudes procedentes de todo o mundo. Así, tamén se realizou o encontro II Encontro «Den- tro e fóra. Arte contemporánea en Galicia», a que acudiron os gañadores das residencias artísticas de 2022 e 2023 e reuniu a máis dunha trintena de artis- tas e axentes culturais. Máis aló das presentacións de proxectos, propiciouse o establecemento de redes colaborativas. En NORMAL contouse con varias exposicións. «Derro- tas: formas de pensar», de Jacobo Bugarín, Vicente Blanco, Salvador Cidrás, Silvia García e Carme Noguei- ra, e comisariada por Natalia Poncela, que se levou a cabo entre o 16 de febreiro e o 16 de maio. «Ante a inminencia», de Rubén Santiago, e comisariada por Su- sana González, desenvolveuse do 19 de outubro ao 19 xaneiro de 2024, ambas tiveron actividades asociadas e unha importante repercusión mediática. O Coro Universitario ofreceu concertos ao longo do curso escolar. Con motivo do Día das Letras Galegas, celebramos o Mes das Letras, cun recital poético dirixido por Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020. Celebrouse o Día da Danza, na liña de apoio que NORMAL, como centro de intervención cultural amo- sou e amosa cara ás artes performativas, coa prees- trea da peza de danza contemporánea “Á espera de...”, de Alba Fernández Cotelo. A maiores, organizáronse outras actividades musicais, charlas e actos como Este pandeiro que toco: O patri- monio de percusión nas mans das mulleres galegas, os concertos do Ola UDC Fest que pecharon o 21 de setembro no campus de Elviña a Xornada de ben- vida. As actuacións foron organizadas pola UDC en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña. Entre outras actividades, representouse «Pequenas mentiras para contar grandes verdades», do grupo de teatro Chévere.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==