Memoria 2023. Informe do Reitor ao claustro
— XXVIII — memoria 2023 n DIVULGACIÓN CIENTÍFICA A Unidade de Divulgación Científica da UDC (UDCC), en colaboración co Servizo de Normalización Lingüís- tica (SNL) participa desde 2019 na edición en galego do calendario científico escolar do Consello Superior de Investigacións Científicas. É un proxecto da FECYT cuxo obxectivo é contribuír a fomentar a cultura científi- ca entre a xuventude e crear referentes que lle resulten próximos, así como promover as vocacións científico- técnicas, usando unha linguaxe non sexista, e aumen- tar a visibilidade das mulleres científicas e tecnólogas. Convocóuse a II edición do Certame Cóntame a túa Investigación coa finalidade de promover entre o noso alumnado as habilidades de comunicación e di- vulgación da ciencia. A UDC colaborou na organización do festival de di- vulgación científica Pint of Sciencie, que se celebrou na cidade da Coruña os días 22, 23 e 24 de maio. E tamén participou no Concurso #HiloTesis 2023, unha iniciativa de ámbito estatal da RedDivulga de Crue Universidades Españolas para promover o desenvol- vemento de habilidades de comunicación e divulga- ción científica de futuros ou recentes doutores. Co gallo do Día Internacional das Mulleres e as Ne- nas na Ciencia, organizouse a actividade Atrévete a pescudar con elas! que trata de fomentar a visibilida- de das contribucións ao coñecemento das mulleres no ámbito universitario e na ciencia en xeral, favore- cer un contexto social en que as mulleres se vexan capaces e recoñecidas para elixir o seu futuro sen condicionamentos e sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de erradicar estereotipos que condicio- nan a elección de estudos das nenas, adolescentes e mulleres novas. Realizáronse dous audiovisuais con diferentes investigadoras. Convocouse a V edición dos premios ISABEL ZEN- DAL de Promoción do Pensamento Crítico en Edu- cación Secundaria e Bacharelato coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica. Presentáronse 27 solicitudes e concedéronse 3 pre- mios por cada unha das dúas categorías. Realizouse como novidade a iniciativa de Onda Ciencia, en colaboración con CUAC FM 103.4 a Ra- dio Comunitaria da Coruña. Trátase da realización de podcasts co obxectivo de comunicar e difundir a investigación da universidade con varias persoas expertas nun campo en formato de diálogo dirixido ao público en xeral con temáticas vivas no diálogo social actual. Tamén se realizou a convocatoria Divulgando o noso, coa finalidade de colaborar co persoal investigador para lle trasladar ao público contidos do seu labor de investigación a través do deseño de infografías cien- tíficas que se expuxeron na cidade herculina nas mar- quesiñas das paradas do autobús urbano. Por terceira vez, en colaboración coas outras univer- sidades públicas galegas, celebrouse o evento da Noite Europea das Persoas Investigadoras, GNIGHT, Participaron un centenar de persoas investigadoras e técnicas nas cidades da Coruña e Ferrol. Realizouse tamén un curso de formación en comunicación cientí- fica e tecnolóxica. n RESPONSABILIDADE SOCIAL A UDC Saudable deu continuidade no ano 2023 ás accións centradas nas estratexias relacionadas coa alimentación e o benestar biopsicosocial na comuni- dade universitaria. Un novo eixe establecido foi a liña sobre mulleres e saúde. No pasado ano 2023 ofreceuse un amplo abano de conferencias e infografías sobre alimentación e turis- mo saudable e sustentable, alimentación vexetariana
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==