Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


Andrea Maceiras, Premio Merlín de Literatura Infantil da editorial Xerais

Andrea Maceiras, licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galega e doutora pola UDC, foi galardoada co XXXV Premio Merlín de Literatura Infantil que anualmente concede a editorial Xerais pola súa obra A folla azul.

A obra premiada narra a historia dunha nena do pobo amazónico dos Tacaré, sen contacto co mundo occidental, que emprende unha viaxe na que descubre que hai un mundo que pode ameazar a súa forma de vida.

 

Máis información en Axenda cultural da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Noticia en La Voz de Galicia