Facultade de Filoloxía

A Facultade  |  Graos  |  Mestrados  |  Doutoramento  |  Investigación  |  Calidade  |  International Students


X Premio de Tradución para o Galego de Textos Científico-Técnicos

 

A Facultade de Filoloxía, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da UDC, convoca o X Premio de tradución para o galego de textos científico-técnicos.

Establécense catro modalidades con cadanseu premio de 200 €:

  • tradución directa do francés para o galego
  • tradución directo do inglés para o galego
  • tradución inversa do galego para o francés
  • tradución inversa do galego para o inglés

 

O prazo de entrega dos traballos comeza a partir do día seguinte en que se publique e chegará ao 18 de setembro de 2020.

Para acceder aos fragmentos obxecto de tradución e o xeito en como se concorre, consúltese a convocatoria en PDF.