Se vemos que unha persoa (compañeiro, alumno, … ) amosa sinais ou evidencias de sentirse psicoloxicamente mal, o máis sinxelo é indicarlle que a UDC ten un servizo de atención psicolóxica e remitilo ao contacto de Afrontemos. Ao proporcionarlle esa información, estamos proporcionándolle unha alternativa de axuda e, obviamente, será esa persoa á que queres axudar a que tomará unha decisión persoal sobre a súa situación de malestar e o tipo de axuda que desexa ou necesita.
No entanto, hai situacións nas que a sinxela acción de informar, a esa persoa que nos preocupa, da existencia do programa Afrontemos resulta complicado ou ineficaz e isto pódenos xerar mais preocupación ou mesmo alarma. En ocasións, podes sentir ou ter evidencias de que a situación de malestar ou crise psicolóxica é severa ou está a empeorar e non sabes como axudar.