En que consiste?

O programa Afrontemos inclúe a valoración e o consello psicolóxico especializado sobre como mellorar o afrontamento de estrés ou a xestión emocional e as estratexias para manexarse mellor ante unha adversidade que non se pode cambiar con facilidade ou con rapidez.

Iníciase cunha consulta de 50 minutos por parte dun especialista en psicoloxía (que traballa en equipo con todo o equipo da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar UIICF) . A partir desa consulta inicial acórdase contigo unha pauta de atención e uns obxectivos. O máis habitual é que se realicen entre 4 e 6 sesións. Seis sesións son o máximo posible, pero se a túa situación require unha terapia de máis duración ou especializada, desde Afrontemos axudámoste a atopar e comezar o tratamento apropiado.

Sempre eres ti quen decide como queres facer uso da axuda, non hai ningún compromiso nin condición imposta.

Fanse intervencións en formato individual, de parella, e familiar (de acordo coa decisión da persoa usuaria) para xerar cambios na comunicación e na relación da persoa ou das persoas involucradas nunha situación problemática, de sufrimento ou conflitiva.

Todo este procedemento de atención descrito pode facerse en formato presencial ou on-line, o usuario elixe que modalidade prefire.