FQS

Un familiar pode participar nas sesións co/a psicóloga/o se o problema o require, pero sempre e cando a persoa da UDC que solicitou a atención estea implicada e participe co seu familiar nas sesións.

Si, é gratuíto para estudantes e persoal da UDC, até un máximo de seis sesións.

Afrontemos só pode facerche un xustificante, se ti o pides, de que tiveches unha consulta ou sesión na data e hora en que se produza. Pero a decisión con respecto ás túas obrigas académicas ou laborais e a súa xestión é a túa responsabilidade.

Si, podes facelo; pero é importante que o comentes na solicitude de Afrontemos ou na primeira consulta que teñas co/a psicólogo/a.

Non. A orientación académica non está no ámbito de Afrontemos. Só poderías pedir a axuda de Afrontemos se tes unha situación de crise psicolóxica ou familiar relacionada con non ser capaz de estudar ou continuar coa túa carreira.