Pódete axudar?

O modelo de atención de Afrontemos está probado en diversos programas levados a cabo na Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) desde hai máis dunha década, incluídos programas recentes de intervención en crise.

O resultado deste modelo de tratamento é positivo ou moi positivo no 67% dos casos; ademais, en ningún caso se informou de que o resultado tivese efectos negativos e a satisfacción coa atención recibida é unánime.

A UIICF está acreditada como Centro Sanitario pola Xunta de Galicia e inscrita de acordo coa normativa sanitaria vixente no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios de Galicia da Dirección Xeral de Planificación e Inspección da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co Número de rexistro C-15 -003493.