Revistas en papel

Á maioría das revistas en papel accédese libremente na hemeroteca: listaxe de revistas abertas en Camiños.

As revistas pechadas (das que xa non se reciben novos números), atópanse no depósito e deben pedirse no mostrador de préstamo: listaxe de revistas pechadas en Camiños.

Tamén pódese consultar que revistas temos no catálogo, ou ben nas listaxes situadas nos cabeceiros dos estantes na hemeroteca.

As revistas non se poden levar prestadas, pero pódense escanear na propia biblioteca, ou sacar para fotocopiar.

Revistas electrónicas

Algunhas revistas contan cun enlace no catálogo no que podes consultar os índices de cada número ou acceder ao texto completo dos artigos. Un exemplo é a revista Hormigón y acero.

Lembra que, se non te conectas desde a UDC, para poder visualizar as revistas electrónicas subscritas pola biblioteca debes autenticarte previamente: acceso desde fóra da UDC.

Podes ver aquí a listaxe de revistas electrónicas en Camiños.

 

Listaxe completa de revistas electrónicas