A nosa colección

Sala de estudo

 

A colección da Biblioteca Casa do Patín está composta polos fondos pertencentes ás seguintes facultades:

- Facultade de Enfermaría e Podoloxía

- Facultade de Humanidades e Documentación

- Facultade de Ciencias do Traballo

- Escola Universitaria de Deseño Industrial

 

A distribución por plantas é a seguinte:

- Planta baixa: fondos de Deseño Industrial Relacións Laborais. Tamén está situada a hemeroteca, onde podedes consultar as revistas relacionadas coa vosa área de coñecemento.

- Primeira planta: fondos de HumanidadesXestión Industrial da Moda e Relacións Internacionais. Nesta planta tamén se atopa o fondo local (Ferrol e comarca).

- Segunda planta: fondos de Enfermaría e Podoloxía, e tamén fondos de Xestión Dixital de Información e Documentación.

- Terceira planta: obras de referencia (enciclopedias, dicionarios, atlas, memorias, etc.). As obras de referencia son de consulta en sala, non se poden levar en préstamo.

 

A nosa colección está formada por libros, revistas, materiais audiovisuais, mapas, planos, traballos académicos, etc., en diferentes soportes e formatos. Podedes buscar os documentos en Crunia (catálogo da biblioteca)

 

Moitos recursos están en formato electrónico. Para acceder a eles podedes facelo desde os nosos ordenadores ou desde os vosos dispositivos (portátiles, tablets, smartphones...) autenticándovos primeiro coas vosas claves desde Acceso desde fóra da UDC.