Jane Austen, Beatrix Potter, Virginia Woolf, Karen Blixen, Concepción Arenal e Clara Campoamor foron escritoras inconformistas nuns tempos nos que as mulleres víanse relegadas ás tarefas do fogar ou a traballos considerados "propios do seu xénero". Das súas vidas, obras e mailo seu legado falamos nos III "ENCONTROS NA TERCEIRA PLANTA - PATÍN DE CINE E LECTURA", unha actividade coa que queremos darvos a coñecer dunha maneira máis distendida e participativa o noso fondo documental.