O noso fondo local está formado por obras cunha temática relacionada coa cidade de Ferrol e maila súa comarca e arredores. Este fondo está situado na primeira planta da biblioteca coa signatura FL.
No noso Pinterest podedes consultar de maneira máis visual este fondo nos taboleiros "Fondo local" e "Revistas de estudos locais", onde, ademáis dos libros, tamén se inclúen os materiais audiovisuais e as revistas desta temática.
Todos os documentos que forman parte do fondo local pódense levar en préstamo a domicilio, excepto as revistas.