A BUDC conta con máis de 515 000 libros e 9 200 títulos de revistas en papel, sen contar os recursos electrónicos: 219 000 libros e 27 800 revistas en formato dixital, ademais de 66 bases de datos. Nós, especializados en química e bioloxía, reunimos unha colección de, aproximadamente, 33 000 libros e 400 revistas, que inclúe mapas, cedés e deuvedés.
É posible solicitar a adquisición de materiais por parte da biblioteca: tan sinxelo como cubrir o formulario que corresponda, imprimilo e entregalo asinado na biblioteca. Cabe mesmo a opción de remitir as solicitudes por correo electrónico, á dirección ciencias.bib@udc.es, indicando no asunto que se trata dunha solicitude de adquisición.