Coñécenos

A nosa (vosa) biblioteca está constituída polos fondos bibliográficos adquiridos pola Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña e polos departamentos que imparten docencia nela. O noso obxectivo é proporcionar información á comunidade universitaria, axudando, orientando e colaborando na súa procura.


 

Instalacións


Contamos con 160 postos de lectura, dispostos en 28 mesas de estudo. A maioría das mesas teñen iluminación integrada e enchufes.

Na planta baixa están o mostrador, case todos os postos de lectura, parte da colección de monografías e, normalmente, algunha exposición conmemorativa. Tamén tres ordenadores de uso público. 

No primeiro andar atoparedes o resto de monografías e a hemeroteca, constituída por publicacións periódicas de carácter científico e divulgativo.


 

Horario


Período lectivo

  • Luns a venres: de 8:30 a 21:30.
  • Sábados, domingos e festivos: pechado.

Período non lectivo

  • Xuño e xullo: de 9:00 a 20:00.
  • Nadal, luns de Entroido, Semana Santa e agosto: de 9:15 a 13:45.
  • Sábados, domingos e festivos: pechado.

 

Persoal


María José Lobeiras

Directora

Isaac G. Darriba

Bibliotecario

Nuria Hoyos

Bibliotecaria

Mercedes Nogueira

Auxiliar técnica

Cristina Ruiz

Auxiliar técnica


 

Memorias