Día Internacional da Muller

Ollares feministas para o cambio global (2024)

Para contribuír a unha reflexión sobre os aspectos necesarios para atinxir a igualdade de dereitos, presentamos unha escolma de documentos que analizan, reflexionan e fan propostas prácticas para o cambio.

Os traballos recollidos parten de varias perspectivas, como o eco-feminismo, o feminismo descolonial, ou a economía feminista, pasando polos feminismos do sur global, a visión das mulleres indíxenas, e outras propostas desde o misticismo e a espiritualidade.

Incluímos tanto revisións da historia dos movementos feministas, como reflexións para unha axenda teórica global do feminismo, ademais de propostas e relatos de proxectos de cambio, alén de estudos sobre desafíos concretos para a igualdade global.

Escolma completa

Maternidades subversivas

MATERNIDADES SUBVERSIVAS (2019)

Hoxe en día a maternidade é unha cuestión problemática e candente. Ás veces non se pode ou é complicado ser nai, porque é imposible a conciliación, o mercado laboral é precario e retrasa a nosa decisión, por saúde, pola orientación sexual... Ás veces é unha decisión propia, ás veces xoga una papel fundamental a presión social, o chamado reloxo biolóxico... E ás veces simplemente non se quere. Toda esta casuística combínase co debate ao redor da autonomía cuerpo femenino y a ética. Polo tanto, ben merece un repaso o escrito ao redor do tema.

As mulleres contamos

AS MULLERES CONTAMOS (2018)

Este ano o 8 de marzo foi convocada unha folga inédita en máis de 150 países, unha folga internacional de mulleres para reivindicar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Para acompañar esta mobilización e como ven sendo habitual, seleccionamos entre o abundante fondo feminista que inclúe a nosa colección unha serie de libros e películas que xiran ao redor da muller e o traballo, a muller como protagonista de distintas profesións, a muller e o seu uso do tempo, a muller e o ámbito público e privado e a muller e a loita pola conquista de dereitos. Engadimos ademais unha serie de obras contextualizadoras sobre a misoxinia ao longo da historia pois non hai nada mellor que coñecer os atrancos para os superar.


Mulleres Científicas

MULLERES E CIENCIA (2016)

Aínda que non estivo motivado polo 8 de marzo, tamén recollemos aquí esta selección de obras escollida co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Este conxunto de publicacións é consultable a través do noso taboleiro de pinterest e trata sobre a materia de "Mulleres científicas".

 


Exposición 8 de marzo

DETRÁS DAS CÁMARAS: CINE DIRIXIDO POR MULLERES (2015)

Nesta exposición de gran formato expuxemos a obra de 93 directoras de cinema, recollendo un total de 185 películas que tiñamos nos nosos fondos e material bibliográfico sobre o tema.

Podedes ver as fotografías da exposición e enlazar coas obras no catálogo a través do taboleiro de pinterest que fixemos ex-profeso para a exposición.

Son todas as que están pero non están todas as que son. Cantas directoras es capaz de nomear? Nós puxémonos a pescudar na rede e atopamos 1527 directoras de cine e máis de 100 directoras galegas. Bótalle un ollo aos nosos taboleiros de pinterest, onde atoparás, ademáis dos seus nomes, enlaces as súas webs, perfís en vimeo ou youtube, información e entrevistas.


Concepción Arenal, María Ángeles Durán e Saskia Sassen

CONCEPCIÓN ARENAL, Mª ÁNGELES DURÁN, SASKIA SASSEN

Sociólogas (2014)

Bibliografía:

    - Concepción Arenal

    - Mª Ángeles Durán

    - Saskia Sassen

Cartel: PDF


DIRECTORAS DE CINE (2010)

No ano 2010 realizáronse varias exposicións na biblioteca centradas no cinema, en concreto no Festivais Internacionais. Este traballo complementouse cun primeiro achegamento (ampliado no 2015) ao traballo das mulleres directoras.

Entre as realizadoras nacionais escollemos a Icíar Bollain, Isabel Coixet, Patricia Ferreira, Chus Gutiérrez, Pilar Miró, Ariadna Pujol, Gracia Querejeta e Helena Taberna e entre as internacionais a Kathryn Bigelow, Jane Campion, Niki Caro, Liliana Cavani, Sofía Coppola, Jodie Foster, Gurinder Chadha, Agnieszka Holland, Agnés Jaoui, Patty Jenkins, Nadine Labaki, Samira Makhmalbaf, Deepa Mehta, Mira Nair, Euzhan Palcy, Kimberly Peirce, Sally Potter, Patricia Rozema, Coline Serreau e Agnès Varda