Se estás interesado en ampliar a túa busca de información por tema desde a biblioteca preparamos unha serie de guías temáticas coas que facilitarche a localización de recursos propios e de fóra da Universidade relacionados cos ámbitos temáticos sobre os que se imparte docencia neste centro: animación, cine, comunicación audiovisual, deseño, fotografía, publicidade e relacións públicas, radio, socioloxía, televisión e xornalismo, e que podan serche interesantes e útiles.
Para iso, o personal da biblioteca realizou unha selección que abrangue desde bases de datos a portais temáticos, pasando por blogs, buscadores, catálogos, institucións,etc.
Consulta tamén a sección de Outros recursos gratuítos por materias do Servizo de Bibliotecas.