Outros buscadores

Busca sen resultados

Se despois de aplicar filtros aos teus resultados e probar con outras palabras, sinónimos ou termos noutros idiomas segues a non obter resultados (o que coñecemos por silencio informativo) tes distintas alternativas en función do que buscabas.

DOCUMENTO CONCRETO

Se non o atopas na colección tes dúas opcións.

- Podes solicitar que o compremos, no caso dos libros, películas, etc., se é un documento recente que pode encaixar na nosa colección.

- Podes utilizar o servizo de préstamo interbibliotecario para que o localicemos e cho enviemos no resto de casos (documentos fóra do mercado ou pertencentes a unha tipoloxía documental distinta, como os artigos de revista, por exemplo).

TEMA

Utiliza outros recursos como:

En caso de necesitar axuda non dubides en solicitar unha busca bibliográfica.