Crunia busca en todos os recursos da biblioteca da UDC independentemente do seu soporte, tipoloxía ou localización.
Calquera resultado obtido é modificable a posteriori aplicando algún filtro.
Tanto na busca simple como na avanzada podes limitar o alcance da busca por varios criterios
Usa esta busca cando che interese buscar nas 16 bibliotecas da UDC. Ten en conta que desde calquera biblioteca facemos peticións de libros ás outras. Solicítanos o envío de documentos non prestados por teléfono, e-mail o no mostrador.
Busca nos fondos dunha única biblioteca
Se queres acotar a túa busca, por exemplo, ao que temos na Biblioteca de Socioloxía e Comunicación, unha vez fas unha búsqueda, só tes que seleccionarnos na listaxe de facetas despregable. O catálogo devolverache únicamente os documentos que estean localizados na biblioteca escollida.
Observa que na listaxe despregable aparecen outro tipo de facetas distintas á ubicación a través das que restrinxir a túa busca.
Con esta busca podes indicar en que campo ou campos queres que aparezan os teus termos de busca. Ten en conta que podes simultanear a busca en máis dun campo á vez e aplicarlles conectores (operadores booleanos): e, ou, non.
Podes aplicar outros operadores para mellorar as túas buscas:
Ademais podes engadir varios filtros: tipo de recursos, dispoñibilidade, biblioteca, idioma, autoría ou data de publicación)
Por exemplo, se introduces os termos François Truffaut no campo TEMA, e os anos 2010 e 2015 no campo DATA DE PUBLICACIÓN, o catálogo limitarase a buscar todos os materiais da biblioteca que traten sobre o director francés publicados entre o 2010 e o 2015, e deixará fóra dos resultados todos os demais.
Ao escoller a opción Bibliografía Recomendada no menú superior, obtemos un formulario con algunhas opcións predefinidas.
Para poder localizar un título que sexa bibliografía recomendada dalgunha asignatura podemos buscar por:
O Código da materia pódelo atopar na Guías docentes do curso.
Para atopar teses, traballos de fin de grao (TFG) ou traballos de fin de mestrador (TFM), lánzase a busca no recado de busca simple coa opción "Buscar en Todo" e despois filtramos por "Tipo de Recurso" escollendo a opción "Teses e Traballos Académicos"
Unha vez filtrados os resultados por tipo de recurso, soamente aparecen os documentos que responden a teses, TFG ou TFM