Resultados

Nunha busca de información é importantísimo, ademais de efectuar estratexias de busca axeitadas que obteñan a maior cantidade de documentación pertinente, interpretar ben os resultados que nos devolve o buscador. Por iso cómpre que comprendas ben as distintas pantallas e elementos que che ofrece o catálogo.

Cando realizas unha busca o primeiro resultado que obtés é unha listaxe de documentos. Esta listaxe presenta ao primeiro golpe de vista información útil que che axudará a identificar e escoller o documento que che interesa.

Ofrece información sobre a propia páxina e o número de resultados atopados na busca inicial ou, unha vez aplicados os filtros, o número de resultados que cumpren as condicións escollidas.

Número de resultados por páxina. Por defecto a interface devolve 10 resultados por páxina, pero podes escoller que che presente 25 ou 50 resultados.

Filtrar os resultados. Baixo a Ordenación dos resultados, aparecen os filtros de facetas. Pódense seleccionar e deseleccionar/excluir opcións á vez

Ordenación dos resultados. Crunia, por defecto, ordena os resultados por Relevancia. Tamén podes seleccionar as opcións data, título ou materia para ordenar os resultados. 

Expandir resultados. Se a busca devolve poucos resultados tes a posibilidad de amplialos activando a opción 'Buscar máis resultados fora das coleccións da biblioteca'. Ao marcar esta opción, incluiranse documentos alleos á UDC.

Se hai un tipo de material que destaca pola frecuencia con que é consultado son os libros ou as películas. Deste material adoitamos ter, en moitos casos, varias copias nas distintas bibliotecas da UDC.

Como xa apuntamos no epígrafe anterior, un dos erros máis frecuentes que comenten os nosos usuarios é crer que todos os exemplares son visibles na primeira pantalla de resultados (a listaxe) e non se decatar que hai máis dos que se ven a simple vista. Isto é porque descoñecen que a visualización de todos exemplares dun documento faise gradualmente en tres niveis (a través de tres pantallas).

 

LISTAXE

O buscador devolve unha primera pantalla en forma de listaxe de resultados que só amosa os dez primeiros rexistros. Para ver máis cómpre ir pasando as páxinas dende o menú do final da listaxe.

Resultados por página GAL

 

REXISTRO

Aparecen os datos do documento: tipo de documento, título, publicación si é bibliografía recomendada, biblioteca na que está dispoñible ou si existe versión electrónica (dispoñible en liña). 

 

 

 

RECURSOS FÍSICOS

Coas localizacións onde se atopan os documentos e os formularios para solicitalos ou reservalos.

Para coñecer as condicións de préstamo de cada exemplar, debes estar identificado en Crunia.

RECURSOS ELECTRÓNICOS

Dende o apartado 'Ver en liña' do rexistro completo, mostraranse as distintas opcións de acceso ao recurso. Preme na ligazón para acceder.

Este tipo de recursos só están dispoñibles para a comunidade universitaria. As persoas usuarias autorizadas externas só poden acceder a eles de maneira local desde os ordenadores da institución.

Lembra que a colección divídese en documentos en papel e electrónicos e iso vai condicionar a información que atoparás no rexistro e como acceder a ela.

COLECCIÓN FÍSICA

LIBROS e PELÍCULAS (tamén arquivos de ordenador, carteis, debuxos, fotos, música, partituras, gravacións faladas, mapas, kits, obxectos 3D e material mixto)

Estes rexistros veñen marcados visualmente coa súa icona correspondente na listaxe e, como xa explicamos, presentan unha caixa con 5 columnas con información sobre os exemplares.

Lembra que se existen máis de tres exemplares dun documento non os verás todos na pantalla da listaxe e terás que pinchar na ligazón en amarelo (que avisa de que hai máis líneas) para ver a pantalla do rexistro. Aínda terás que descender un grao máis pinchando noutro despregable no caso de que haxa máis de dez copias na universidade xa que ese é o máximo de exemplares que amosa esta pantalla.

Escolle o que che interese e cólleo na biblioteca, resérvao se está prestado ou pídenolo se está noutra biblioteca por préstamo intercentros.

REVISTAS

Como é un material con características distintas aos libros, neste caso non atoparás a caixa anterior en 5 columnas, senon información sobre que biblioteca a recibe, que números temos, se está aberta ou pechada e a periodicidade. Tamén atoparás unha ligazón ao rexistro da versión electrónica da revista no caso de existir.

As revistas non se prestan, pero pódense fotocopiar, así que localiza onde está o número da revista que che interesa e fai a consulta no centro correspondente.

Solicita que che escaneemos o artigo que che fai falta no caso de que a revista estea en Ferrol.

CAPÍTULOS DE LIBROS E ARTIGOS DE REVISTAS

Normalmente atoparás poucos documentos deste tipo no catálogo. De maneira excepcional engadimos, por exemplo, os que aparecen como bibliografía recomendada nas guía docentes cando temos o documento fonte (o libro ou a revista) coa finalidade de facilitar ao alumnado a súa localización.

Na listaxe de resultados distínguense pola súa icona e por presentar información sucinta: título e autor no caso dos capítulos e título e publicación no caso dos artigos. Se entras no rexistro saberás, ademais, as páxinas que ocupa e cal é o documento fonte. Pinchando en CONSULTA FONDOS enlazarás co libro ou a revista ao que pertence o material que che interesa.

Toma nota da ubicación e da signatura no caso de ser un libro para consultalo na biblioteca, reservalo ou pedilo por préstamo intercentros.

Fíxate na ubicación dos fondos se é unha revista para dirixirte ao centro correspodente para consultala (non se poden prestar) ou solicitar o escaneo do artigo en cuestión.

 

COLECCIÓN ELECTRÓNICA

 

Distínguese pola icona correspondente e adoita enlazar ao texto completo.

Poden ser libros e revistas electrónicas, teses, traballos de fin de grao, etc, que forman parte do material propio (RUC), dos recursos libres na rede catalogados ou dos subscritos a través das distintas plataformas.

Para acceder a algúns deles podes necesitar entrar coas túas claves por estar restrinxidos a usuarios da UDC.