As revistas, xunto cos libros, forman o eixo central da colección das bibliotecas. Na BUDC contas cun importante número de revistas electrónicas e tamén cunha colección de revistas en papel. Lembra que se queres consultar desde fóra da UDC as revistas que temos subscritas tes que autenticarte antes.
Crunia ten un apartado específico para que podas consultar as revistas por categorías temáticas ou por título ou ISSN.
Se non buscas un título concreto e o que queres é buscar revistas dunha temática concreta navega polas categorías temáticas.
Se che interesa un título concreto entón busca a revista por título ou ISSN.
Se a temos en papel nalgunha biblioteca da UDC atoparás información sobre a biblioteca que recibe esa revista e os números que ten. Tamén se está aberta (séguese a recibir) ou pechada (xa non se recibe).
Se a temos subscrita en formato electrónico ou é de acceso libre tamén atoparás unha ou varias ligazóns ás páxinas dos provedores/institucións nas que podes consultar o texto completo.
A colección completa de revistas en papel desta biblioteca está en acceso libre e podes atopala na Hemeroteca.
As revistas están ordenadas alfabéticamente por título. Para axudarche a localizalas atoparás en cada módulo unha listaxe e en cada estante a cuberta da revista.
Os últimos números que recibimos de cada título están nun expositor que atoparás á entrada da biblioteca.
As revistas non se prestan a domicilio pero podemos facerche un préstamo no día se necesitas fotocopiar algún artigo. No caso de que a revista que che interese non estea nos fondos desta biblioteca e si noutra biblioteca da UDC, contacta connosco para que solicitemos o artigo escaneado a esa biblioteca.