A Universidade da Coruña conta cunha rede de AulasNet repartidas polas distintas facultades e centros que prestan un servizo de apoio á docencia e posibilitan que todos os estudantes dispoñan de acceso libre ao material informático dispoñible para a realización dos seus traballos. O seu uso está restrinxido aos estudantes universitarios.
O noso centro dispón dunha AulaNet na Facultade de Socioloxía (temporalmente fóra de servizo) e unha AulaMac na Facultade de Ciencias da Comunicación.