Toma nota destas recomendacións cando necesites engadir a Refworks un capítulo de libro e non saibas que campos encher.
Nos capítulos publicados en obras colectivas, varias persoas poden desenvolver os roles de autor/a, director/a, coordinador/a, editor/a literario/a desa obra fonte (monografía).
Esta información exprésase coa fórmula: APELIDOS, Nome (do autor do capítulo). Título do capítulo. En: Nome Apelidos (rol). Título do libro. Lugar de publicación, Editorial, Ano. Dispoñible en: url. DOI
Para que na bibliografía apareza o rol correcto: (Dir.), (Coord.), (Ed.), debes escoller como tipo de referencia: Libro, Sección, e introducir a información no campo Editores de serie, engadindo o rol entre parénteses detrás do apelido.
Usa o singular se hai unha soa persoa que desenvolve o rol ou o plural detrás da última persoa que o desenvolva.