Para incrementar a visibilidade tanto persoal como da nosa produción temos, en primeiro lugar, que seleccionar correctamente os medios e canles onde publicamos e apostar por incrementar a publicación en acceso aberto o máximo posible.
A maiores contamos cunha serie de ferramentas na nosa man realmente adecuadas e eficaces. Trátase de fontes de información de uso xeneralizado ás que os investigadores adoitan recorrer con frecuencia pola súa potencia e facilidade de uso/descubremento e que promoven os traballos académicos, aumentando a probabilidade de ser citados. Excepto Dialnet e os repositorios institucionais, o resto de plataformas ofrecen opcións sinxelas de autoxestión/personalización.
Os investigadores españois usan esta plataforma de maneira xeneralizada para descubrir información, polo que é conveniente estar presente nela para acumular citas. Coa colaboración da Biblioteca podes incorporar en Dialnet gran parte da túa produción científica (artigos, libros, capítulos de libro, ponencias, teses dirixidas, etc.), coa excepción dos artigos publicados en revistas non hispanoamericanas.
Esta base de datos ofrece unha páxina de autor onde de forma automática xérase o código identificador Dialnet ID. A xestión deste perfil está totalmente mediada por la biblioteca, pero só te tes que poñer en contacto connosco para realizar cualquera cambio ou engadir. Dialnet está indexado por Google e Google Scholar, logrando desta maneira o autor unha visibilidade internacional dos seus traballos.
Sobre todo, no caso de investigacións publicadas en monografías é importante que o investigador sexa proactivo e trate de avisar á biblioteca cando publica algo novo coa fin de que se poida adquirir e baleirar en Dialnet e así mellorar a súa visibilidade. Un exemplo en Dialnet
Depositar a túa investigación no repositorio da universidade é obrigatorio segundo a Lei de Ciencia (art. 77 da Lei 17/2022, de 5 de setembro, por la que se modifica la Ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación) se esta recibiu financiación pública. O depósito da versión aceptada debe realizarse de forma simultánea á data de publicación.
Desde o ano 2024 é un requisito imprescindible para a participación en convocatorias de acreditacións e sexenios, e para poder cumplir de maneira completa este mandato é necesario tratar de publicar en revistas ou editoriais que permitan o acceso aberto ou coas que se poidan asinar licenzas non exclusivas que respecten eses límites aos dereitos de autor. Esta obriga exténdese aos datos de investigación.
Pero ademais de obrigatorio é conveniente, porque mentres que Dialnet é unha base de datos principalmente referencial, os repositorios non só facilitan a presenza das obras en Google e Google Scholar, senón que permiten a indexación do texto completo das publicacións, o que promove un mellor posicionamento nos resultados das búsquedas (visibilidade). Polo tanto depositar os traballos en repositorios como o Repositorio Institucional da UDC (RUC) ou Zenodo favorece a ciencia aberta, fará que as túas publicacións sexan fácilmente descubribles a través de Gooble Scholar e multiplicará as posibilidades de cita.
Avísanos cando publiques algo novo para subir os teus traballos ao repositorio institucional. Para iso vixía que as editoriais coas que publicas permitan o autoarquivo en repositorios.
Os autores poden crear nestas redes un perfil e subir nelas as súas publicacións en aberto ou non atendendo ás licencias que firmaron coas editoriais (hai que ter en conta sempre os dereitos de autor). Estas plataformas fomentan a colaboración e fortalecen as redes de investigación xa que facilitan que os investigadores poidan contactarse facilmente entre eles para o envío de maneira puntual dalgún traballo e estar ao tanto das actualizacións. No caso de ResearchGate, tamén ofrece algunhas métricas que indican o interese que suscitan os traballos e poden engadirse como dato complementario nas acreditacións.
É aconsellable que desde o teu ORCID remitas a todos estes recursos.