Publicación científica e avaliación da calidade

Publicar con éxito

Obxectivo

Publicar os resultados da investigación é unha parte necesaria do proceso científico. Esta guía diríxese principalmente aos investigadores que inician a súa carreira, e explica como publicar, con consellos para seleccionar as revistas máis apropiadas, e tratar de maneira efectiva o proceso de publicación.

 

Por que publicar?

A publicación dos resultados da investigación é o nexo principal que une aos científicos en todas as disciplinas e é crucial para o progreso da ciencia no seu conxunto. Pode ter as mellores ideas, pero se non pode comunicalas coa suficiente claridade para ser publicadas, o seu traballo non será recoñecido pola comunidade.

Ao publicar está a lograr tres obxectivos clave, tanto para vostede como para o esforzo científico na súa disciplina:

  • diseminar a súa investigación
  • avanzar na súa carreira
  • avanzar na ciencia

Así mesmo, aumenta o prestixio da súa universidade e mellora a súa posición nos rankings.  

 

Publicar estratéxicamente significa
  • ​Chegar á audiencia á que se dirixe a investigación
  • Elixir a mellor opción para aumentar a reputación do investigador.
  • Dirixirse ás publicacións adecuadas para evitar o rexeitamento do editor
  • Aumentar a probabilidade de que a investigación teña impacto e sexa ​​citada
  • Conseguir fondos para a investigación en novos proxectos.​​

 

Consulta a Guía que confeccionou o Servizo de biblioteca para saber como seleccionar correctamente o medio de difusión axeitado para o teu traballo.

Guía para publicar