Nesta sección hai unha selección de fontes válidas para atopar indicios de calidade das publicacións e citas. Lembrade que para calquera dúbida podedes contactar con nós:
Carlota carlota.balsa@udc.es
Extensión: 2461
Esther Esther.calderon@udc.es
Extensión: 4409
Cristina cristina.naveiras@udc.es
Extensión: 4452
Segundo andar da Biblioteca
Avaliación e acreditacións
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
Axencias
Journal Citation Reporsts (JCR)
(Acceso rede UDC) Consúltase a través de Web of Science. Os datos de maior interese para a avaliación son o cuartil que ocupa unha revista, a súa posición e o seu factor de impacto. É a fonte de máis peso da CNEAI para avaliar a actividade investigadora dos profesores universitarios. Tamén é válido para o resto de axencias avaliadoras.
SJR, Scimago Journal Rank (SCOPUS)
SJR avalia e clasifica as revistas utilizando o índice SJR elaborado pola base de datos Scopus. Tamén ofrece raking por paises. Índice internacional válido para a avaliación na CNEAI e nas outras axencias avaliadoras.
Índice europeo para Ciencias Sociais e Humanidades. Índice internacional válido para algunhas axencias de avaliación.
Ranking de revistas con selo de calidade FECYT
Buscador de revistas con selo FECYT
Rankig de revistas iberoamericanas que publican traballos científicos en español e portugués. Os datos para elaborar este ranking proveñen de Web of Science.
CitEc
Permitenos consultar listaxes de revistas e documentos de traballo de Economía,desde o ano 2003. Os datos proceden de RePec.
Google Scholar Metrics
Podemos consultar rankings de revistas por materias e dentro destas por subcategorías. Emprega o índice h para a avaliación con datos de Google Académico.
Ranking internacional de revistas académicas de Economía. O elabora a Associations of Business Schools (ABS) do Reino Unido. Clasifica as revistas en áreas e subáreas das Ciencias Sociais e establece 4 graos de importancia. O grao 4 é o de máximo nivel (top journal). Teñen en conta a calidade da editorial, métricas como o impacto das citas, as citas que unha revista recibe dunha revista "top", etc. A consulta é gratuita pero é preciso rexistrarse. Non o menciona ningunha axencia avaliadora española pero pode servir como ferramenta de avaliación de revistas internacionais de Economía.
Índice de revistas que se elabora coas citas de Dialnet e o factor de impacto calcúlase con 5 anos de referencia.
DICE
(Difusión e Calidade Editorial). Índice de revistas revistas españolas elaborado polo CSIC e respaldado pola ANECA. Orece datos como a visibilidade internacional dunha revista, a súa caterogría ANEP, os criterios Latindex que cumpre, etc.
Latindex
(Sistema Rexional de Información en liña para Revistas Científicas de América Latina, Caribe, España e Portugal). O seu catálogo ofrece unha listaxe de revistas que cumpren unha serie de indicadores de calidade. Hai unha clasificación para revistas impresas e outra para revistas electrónicas.
UlrichWeb
(Acceso rede UDC), base de datos de revistas, ofrece información editorial e bibliográfica de revistas internacionais. É útil para coñecer as bases de datos que indizan unha revista.
MIAR
Recolle revistas de Ciencias Sociais, e indicanos cales son as bases de datos que indizan unha revista, que opcións ofrece para publicar en aberto, etc.
CARHUS Plus
Clasificación de revistas científicas das areas de Ciencias Sociais e Humanidades, está orientado ao sistema de avaliación catalán.
Web of Science (WOS).
(Acceso rede UDC) Base de datos multidisciplinar que permite buscar as veces que foi citado un autor ou un traballo.
Scopus
(Acceso rede UDC) Base de datos multidisciplinar que amosa o número de citas que recibiu un traballo.
Business Source Premier
(Acceso rede UDC), base de datos de Economía, ao consultar o rexistro dun documento dinos as veces que foi citado o documento na base de datos. Tamén ofrece a posibilidade de buscar por Referencias Citadas e dentro destas buscar por autor, título, fonte de publicación e ano.
Google Académico
Se facemos unha busca por título apareceranos na pantalla de resultados o número de veces que foi citado un traballo.
REPEC
(Research Papers in Economic) repositorio internacional de Economía, indica o número de veces que foi citado un traballo. Tamén podemos buscar datos de este tipo en CitEc
Essentials Science Indicators
(Acceso rede UDC) Elabora rankings de autores máis citados, e a media de citas por traballo.
Base de datos multidisciplinar que recolle citas de traballos.
Podemos atopar citas sobre os traballos publicados na editorial Springer, os datos recóllense de citas recibidas en CrossRef
Rede académica na que é preciso crear unha conta de usario.
Portais e páxinas web de editoriais
É aconsellable ir á páxina web da revista onde se publicou o traballo para recoller información sobre as citas que recibe un artigo en CrossRef. As editioriais que amosan estes datos son:
Springer, Wiley, Emerald, Cambridge Journals e Taylor & Francis
Book Citation Index
Recolle as citas que recibe un libro ou un capítulo de libro na Web of Science. Neste caso é recomendable facer unha busca en todas as bases de datos e facer outra polo campo "Búsqueda de referencia citada", ao facer a busca vainos dar o dato das veces que foi citado ese libro ou capítulo.
DOAB Direcctory Open Access Book
Master Book List
É a listaxe de editoirais e de libros que están empregando en Clarivate Analytics para facer o Book Citation Index
Unión de Editoriales Universitarias Españolas (UNE)
Editoriais co selo de calidade de Edición Académica
WEB OF SCIENCE (WOS).SCOPUS, Business Source Premier E Econlit
Nestas bases de datos podemos facer unha busca e filtrar polos campos (Book review, books series ou Books) para atopar citas ou críticas a libros.
Portal alemán de literatura sobre Economía, podemos atopar reseñas ou book review en revistas especializadas de Economía
Recolle citas de libros e capítulos de libros publicados nesta editorial
WorldCat
O Catálogo colectivo máis grande, aqui podemos atopar cantas bibliotecas teñen un determinado libro.
Para coñecer se o libro está nas bibliotecas universitarias españolas.
A avaliación da produción científica dunha persoa autora pode variar en función do número de persoas que participan na elaboración do traballo. Tamén é impresicindible establer o traballo desempeñado por cada persoa e para iso é preciso empregar a taxonomía Credit (Contributor Roles Taxonomy) que recolle 14 funcións que indican a participación no proceso de autoría.
Un número elevado de persoas autoras pode reducir a puntuación nalgunhas convocatorias de avaliación da investigación. Isto vai depender da área de coñecemento e da complexidade da investigación.