As revistas científicas seguen a ser o medio básico para dar a coñecer os resultados dunha investigación. Tamén exercen un papel moi importante na avaliación da calidade da produción científica dun investigador. Por iso debes contar con información precisa sobre as revistas da túa área de investigación e dispoñer de indicadores e ferramentas que che axuden na escolla da revista á que vas enviar un traballo.
Na Biblioteca podemos facer para ti un estudo sobre as características das revistas que máis che interesan e asi terás información adaptada as túas necesidades. Isto facilitache o traballo á hora de escoller unha revista donde publicar.
Lembra que o Servizo de Biblioteca pode pagar os APCs, consulta condicións en Acordos transformativos

Ferramentas básicas para avaliar revistas:
DOAJ (Directory of Open Access Journals)
Journal Citation Report (JCR) (acceso rede UDC) (Web of Science)
Para coñecer o impacto dunha revista, o cuartil dentro da súa área, a vida media das citas, o número de artigos que publica no ano, etc.
Podemos ver a posición da revista e o SJR dunha revista con datos de Scopus.
Web of Science (acceso rede UDC)
Se facemos unha busca por revista podemos ver unha análise das citas e doutros aspectos da revista.
Analyze Journals, de Scopus (acceso rede UDC)
Fai comparativas entre revistas que hai en Scopus do mesmo campo de coñecemento.
Buscadores automáticos
Estes buscadores deben empregarse de xeito orientativo, xa que algúns son das propias editoriais e os resultados poden perder algo de obxectividade.
Master Journal List (Match Manuscript). Para consulta é preciso ter un usuario e contrasinal de Web of Sciecnce.
Bison Busca revistas de acceso aberto.
Lembra consultar os Acordos transformativos da UDC coas editoriais para comprobar as opcións de publicar en aberto
Buscador de Call Papers (beta) de Elsevier
Buscador de Call Papers de Taylor & Francis
Libros
A editorial e o seu prestixio son dous elementos fundamentais para tomar unha decisión á hora de enviar un manuscrito. Pódese consultar:
DOAB (Directorio de libros en acceso aberto)
Sello CEA-APQ Selo de calidade académica
Calidade en Edición Académica (Editoriais de universidades españolas)
Outros elementos de interese serán a capacidade para difundir a obra en papel ou electrónico, a especialización temática da editorial e o proceso de selección de orixinais.
Capítulos
As obras en colaboración tamén teñen como referencia a calidade da editorial pero neste caso debemos engadir outros elementos como o prestixo das persoas encargadas de editar, dirixir ou coordinar a obra, , a integración da obra nunha colección ou serie e de ser o caso o prestixo da persoa que dirixe dita serie.
Recomendamos publicar documentos de traballo no RUC, Repositorio Institucional da UDC
Tamén pode ser interesante publicar o mesmo documento en repositorios especializados en Economía como :
Para publicar datos de investigación é preciso que teñan os seguintes elementos básicos:
Creador, título e data de publicación.
Identificador persistente e único, por exemplo DOI.
Descrición dos datos con metadatos e estándares.
Licenza de uso.
É moi recomendable acompañar os datos cun arquivo de texto (txt) chamado readme.txt onde debemos recoller a información precisa para que os datos se poidan entender e reutilizar. É interesante escribir esta información en inglés para facilitar a difusión internacional dos datos.
Fixemos un modelo de redacción readme.txt ara facilitar a redacción deste arquivo. O modelo é unha adaptación obtida de:
Rubio Montero, FJ. (2020). Plan de Gestión de Datos de investigación UPV: guía para la elaboración de un Plan de Gestión de Datos de investigación en el contexto de la Universitat Politècnica de València (UPV). http://hdl.handle.net/10251/143184
Se temos que enviar os datos de investigación empregados nun artigo ao revisor e o proceso da revista e revisión de cego duplo é aconsellable empregar este modelo de readmetxt peer review Ficheiro readme en español readme_esp.txt
Repositorios de datos:
Zenodo multidisciplinar. A Universidade da Coruña ten unha comunidade na que o nóso persoal investigador pode depositar conxuntos de datos e plans de xestión de datos.
Videotitorial para publicar en Zenodo (11. min.56 s.)
Atopar repositorios temáticos:
Revistas de datos:
Data observer (é unha sección do Journal of Economics and Statistics)
F1000Research Multidisciplinar (publica mediante "pay an Article Processing-Charging (APCs))
Journal of Open Humanities Data (Historia)
Journal of Statistical Software (Estatística)
PLoS ONE Multidisciplinar (publica mediante "pay an Article Processing-Charging (APCs))
Research Data Journal for the Humanities and Social Sciences (Ciencias Sociais, Economía, Historia, etc)
Scientific Data Multidisciplinar (publica mediante "pay an Article Processing-Charging (APCs))
Revistas doutras disciplinas pódense consultar na comunidade de Zenodo da Universidade da Coruña
Máis información: Guía publicar/compartir datos de investigación