Elementos e ordenación:
Autor, A. A., & Autor, B. B. (Ano). Título do Libro. Editorial.
Exemplo:
Cita no texto:
Piketty (2015, p.18)
Na bibliografía:
Piketty, T. (2015). El capital en el siglo XXI. RBA.
Ver o libro no catálogo
Elementos e ordenación:
Autor, A. A., & Autor, B. B. (Ano). Título do capítulo. En A. Editor, y B. Editor (Eds.), Título do Libro (pp. xxx-xxx). Editorial.
Nas obras en colaboración podemos atopar editores, coordinadores, directores, etc. Poñerase o que corresponda respetando a denominación que apareza no libro e sempre con abreviatura: Ed., Coord., Dir., etc.
Exemplo:
Cita no texto:
Neste caso ponse o autor do capítulo
"Todo sistema económico tiene que hacer frente al problema de asignar los recursos disponibles consiguiendo el máximo nivel de bienestar social posible a lo largo del tiempo" (Cuerdo, 2009, p.44)
Cuerdo Mir, M. (2021). Problemas ambientales internacionales. En José Antonio Alonso (Dir.), Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales (10ª ed., pp. 144-168). Aranzadi.
Ver o libro no catálogo
Elementos e ordenación:
Autor, A. A., Autor, B. B., & Autor, C. C. (Ano). Título do artígo. Título da Revista, volumen(número), pp-pp.
Nos artigos de revista se hai máis dun autor o úlitmo separase por &. Póñense todos os autores ata 20. Cando hai 21 ou máis póñense os 19 primeiros engadimos puntos suspensivos e o nome do último autor Ollo! no texto se hai 3 ou máis autores pónse o primeiro seguido da abreviatura et al.
O título da revista vai sempre en cursiva e as palabras do título en maiúscula. Se a revista ten volumen irá sempre en cursiva e pegado sen espazos poñeremos o número. Nas páxinas non se fai referencia a abreviaturas do tipo pp., p., etc.
Exemplo:
No texto con cita parafraseada
O sistema agroalimentario global non ten como obxectivo prioritario a alimentación da poboación, céntrase nos intereses económicos dalgunhas empresas (Delgado Cabeza, 2010)
Na Bibliografía:
Delgado Cabeza, M. (2010). El sistema agroalimentario globalizado: imperios alimentarios, y degradación social y ecológica. Revista de Economía Crítica, (10), 32-61.
Elementos e ordenación:
Autor, A. A., Autor, B. B., & Autor, C. C. (Ano). Título do artígo. Título da Revista, volumen(número), pp-pp. doi ou url
Os artigos de revista electrónica referencianse igual que unha de papel pero engandindo un elemento identificativo para dar a coñecer en que lugar de Internet podemos atopar o artigo.
Se temos o DOI e unha URLl sempre ten preferencia o uso do DOI. Permítese empregar acortadores de DOI http://shortdoi.org e de URL Is.gd https://is.gd/
(Gilbert et al., 2004)
Exemplo:
Febrero, E., & Uxó, J. (2011). Constraints and alternatives for employment and output growth: Spain during the great recession. Journal of Contemporary European Studies, 19(1), 63-81. 10.1080/14782804.2011.554194
Con url
Beracha, E. Skiba, E., & Johnson, K.H. (2017). Housing Ownership Decision Making in the Framework of Household Portfolio Choice. Journal of Real Estate Research, 39(2), 263-287. https://search.proquest.com/openview/f5278deb2a9e4038420c28abfaa3f331/1?pq-origsite=gscholar&cbl=31475
Exemplo con url acortada:
Beracha, E. Skiba, E., & Johnson, K.H. (2017). Housing Ownership Decision Making in the Framework of Household Portfolio Choice. Journal of Real Estate Research, 39(2), 263-287. https://is.gd/7cvn9v
Ponse o nome do repositorio. Exemplo:
Autor. (Ano). Título. RUC. url
Vilar-Rodriguez, M. (2007). ¿Entre la limosna y el bienestar? Origen, desarrollo y consecuencias de las políticas sociales en Galicia (1890-1935). RUC. http://hdl.handle.net/2183/25217
Elementos e ordenación:
Ponente, A. A. (días do congreso, mes e ano). Título da contribución [Tipo de contribución]. Nome do congreso, localización. DOI ou URL
Exemplo:
Orden, M. C., González, A. C. & Blázquez, J. J. (7-9 de junio de 2013). Los «bancos malos» como mecanismo de saneamiento del sector bancario: experiencias pasadas y el caso español [Acta]. En Juan José García Machado (coord.). Nuevos horizontes en administración. XXVII Congreso Anual AEDEM, Huelva.
Elementos e ordenación:
Autor, A. A. (Ano). Título do informe (número do informe). Editorial.
Hai informes nos que o autor é unha organización, unha institución ou unha empresa.
Se o informe é electrónico haberá que poñer a url.
Exemplos:
No texto:
...(Arribas Barreras et al., 2016)
...(Banco de España, 2017)
Na bibliografía:
Arribas Barreras, V., Josa, E., Bravo Durán, S., García Hildjding, I. & San Miguel Arregui, P. (2016). Informe: el sector de la moda en España: retos y desafios.http://observatoriomodaespañola.com/wp-content/uploads/2016/06/INFORME.pdf
Banco de España. (2017). Informe de estabilidad financiera (11/2017). https://www.bde.es/f/webbde/Secciones/Publicaciones/InformesBoletinesRevistas/InformesEstabilidadFinancera/17/IEF_Noviembre2017.pdf
Elementos e ordenación:
Autor, A. A. (Ano). Título do documento de traballo (número do documento de traballo). Editorial.
Hai documentos de traballo nos que o autor é unha organización, unha institución ou unha empresa.
Se o informe é electrónico haberá que poñer a url.
Exemplo:
No texto:
De acordo con Bouri et al. (2016)...
Na bibliografía:
Bouri, E., Gil-Alana, L.A., Rangan, G. & Roubaud, D. (2016). Modelling long memory volatility in the bitcoin market: evidence of persistence and structural breaks (working paper 16-54). http://www.up.ac.za/media/shared/61/WP/wp_2016_54.zp92472.pdf
Elementos e ordenación:
Autor, A. A. (Ano). Título da tese, TFM ou TFG [tese de doutoramento, tese fin de master ou traballo fin de grao, nome da Universidade na que se fixo o traballo].
Se a tese foi publicada en papel habería que poñer o lugar de publicación e o editor. Sería:
Autor, A. (Ano). Título da tese. Editorial.
Se a tese está nun repositorio, por exemplo no RUC en lugar da editorial poñemos a ligazón á tese.
Exemplo:
Carpente Porral, D. (2016). Análisis de los estados financieros de Atresmedia: el reflejo de la crisis en la industria televisiva española [Traballo fin de grao, Universidade da Coruña]. RUC. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/18162
O estilo de citación de APA refírese en particular ao sistema lexislativo de Estados Unidos, que é moi diferente ao español. Polo tanto, para as citas e referencias lexislativas deberemos seguir o esquema xeral do estilo APA e a normativa de citación legal española. A nosa proposta é a seguinte:
LEXISLACIÓN
A referencia incluiría os seguientes elementos:
O título da lei
Data
URL
Exemplo:
Ley orgánica 6/2001, de 21 de diciembre, de Universidades. https://www.boe.es/eli/es/lo/2001/12/21/6/con
Cita e referencia:
Cando citamos no texto unha lei decreto, etc, a primera vez que o citamos farémolo de forma completa, pero logo podemos citalo de forma abreviada, por exemplo (LOU)
La Ley de Propiedad Intelectual española, regula el derecho de cita en su artículo 32, precepto que resultó modificado en la reforma de 2006.
Na Bibliografía:
Ley 23/2006, de 7 de julio, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril.https://www.boe.es/eli/es/l/2006/07/07/23
Se, pola natureza do tema elixido debemos incluír moitas referencias legais, poderían agruparse nun apartado dentro da bibliografía titulado “Normas xurídicas” ou “Lexislación consultada”, sobre todo no caso de ser exhaustiva sobre algún tema concreto.
XURISPRUDENCIA
Xurisprudencia - Tribunais españoles
A referencia incluiría os seguientes elementos:
O tribunal (sala)
Número de sentenza coa data
URL ou Base de datos onde se consultou
Exemplos:
Tribunal Supremo:
España. Tribunal Supremo (Sala de lo Civil, Sección 1ª). Sentencia núm. 544/2011 de 27 julio. Westlaw Aranzadi
Tribunal Constitucional:
España. Tribunal Constitucional (Sala Primera). Sentencia núm. 20/2020, de 10 de febrero de 2020.
https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-3345
O estilo APA establece diferenzas en función do tipo de entrevista coa que esteamos a traballar, as opcións son dúas:
Este é o caso cando facemos nós a entrevista a un especialista, un profesor, un persoeiro, etc. Temos que tratar a entrevista como unha comunicación persoal, xa que o lector non ten acceso ao contido desta entrevista. Non se pon na lista de referencias, cítase unicamente dentro do texto, seguindo as instrucións da páxina 179 do “Manual de publicaciones de la APA” para comunicacións persoais.
Exemplo:
Entrevista persoal co presidente da Cámara de Comercio da Coruña pode citarse de dúas formas, segundo poñamos o énfases no texto da cita ou no autor.
(M. Castro-Rial Schuler, comunicación persoal, 8 de novembro, 2013)
M. Castro-Rial Schuler (comunicación persoal, 8 de novembro, 2013)
Tamén, pode darse o caso, cada vez máis habitual, de que publiquemos a nosas entrevistas persoais, por exemplo, nun blog. Deste xeito a entrevista pode consultala calquera lector e xa non será unha comunicación persoal, senón que é unha mensaxe de blog, polo que xa estaríamos dentro dos casos do apartado 2, de entrevistas publicadas.
As entrevistas publicadas cítanse segundo o tipo de publicación que as contén, é dicir, usando el formato apropiado para esa fonte. Normalmente é una monografía, artigo de revista ou artigo de prensa, pero tamén pode ser por exemplo, como víamos no apartado anterior, unha mensaxe de blog.
En canto á autoría do traballo debemos sopesar a importancia do entrevistador e o entrevistado. Se o entrevistador lle da forma literaria ao traballo, ten valoracións, comentarios, etc., a autoría principal corresponderíalle a éste. Pero se a entrevista é unha transcrición literal das palabras do entrevistado a unha serie de preguntas, neste caso a autoría principal recaería no entrevistado.
Exemplos de referencias de cando a autoría recae no entrevistador:
Libro de entrevistas no que Carlos Casares pregunta e Ánxel Fole responde.
Casares, C. (2005). Conversas con Ánxel Fole. Galaxia.
Exemplo de entrevista publicada nun blog:
Hai que facer a cita igual que unha mensaxe de blog. Exemplo de entrevista feita por Ezra Klein a Paul Krugman no blog do Washington Post:
Klein, E. (7 de abril de 2012). An interview with Paul Krugman. http://www.washingtonpost.com/blogs/wonkblog/post/an-interview-with-paul-krugman/2012/05/04/gIQAR9xn1T_blog.html
Exemplo de cando é o entrevistado o autor:
É unha transcrición literal das palabras do actor José Sacristán a unha serie de preguntas, na versión impresa do diario La Opinión. Neste caso a autoría principal recaería no entrevistado.
Sacristan, J. (23 de xuño de 2010). Cada nueva obra es una aventura apasionante. La Opinión, p. 25.
(The Economist, Finanzas & Inversión, Bloomberg Weekend, etc.)
Elementos e ordenación:
Autor, A. A., Autor, B. B., & Autor, C. C. (día mes e ano). Título do artígo. Título da Revista, número, pp-pp.
Se é un artigo electrónico haberá que engadir despois das páxinas a url
Exemplo:
Coy, P. (6 de novembro de 2017). The world economy should grow nicely again in 2018. (Unless someone does something dumb). Bloomberg Business Week, 4545, 13-18. https://goo.gl/g3y8f9
Un discurso pode publicarse nun libro, nunha mensaxe de blog, nun vídeo, etc. Neste caso os elementos e a súa ordenación serán os que correspondan según o tipo de documento no que se publicou.
Exemplo:
Temos un libro de grandes discursos da historia dos Estados Unidos e queremos empregar unha frase dun discurso de Martin Luther King.
No texto poñeremos:
O doutor King dixo, “I have a dream that one day this nation will rise up and live out the true meaning of its creed” (Simth, 2009)
Na bibliografía:
Smith, J. (Ed.). (2009). Well said! Great speeches in American history. E & K Publishing.
Os datos empregados nun traballo ou nunha investigación poden proceder de diferentes fontes (un libro, artigo de revista, ficheiro de datos, etc). A bibliografía e as citas faránse de acordo co tipo de fonte que estamos a consultar.
Elementos e ordenación:
Datos dunha táboa ou figura dun libro ou informe:
Autor. (Ano). Título da táboa ou figura. En Editor (Eds.), Título do libro (pp. xxx-xxx). Editor.
Se é un libro electrónico:
Autor. (Ano). Título da táboa ou figura. En Editor (Eds.), Título do libro (pp. xxx-xxx). URL ou se é o caso DOI.
Exemplo:
Cita no texto:
(Autor, ano, figura #)
(Knaflic, 2017, figura 4.4.)
Na bibliografía:
Knaflic, C.N. (2017). Figura 4.4. Atributos preatentivos. En Storytelling con datos (p.100). Anaya Multimedia.
Adaptación dunha táboa dun artigo de revista:
Poñerase no texto, no pe da táboa o seguinte:
Adaptado de "Crisis and Work: An Analysis of Emergency Labour Market Policies in Portugal, Spain and Greece", por M.M Barroso, 2017, Revista Española de Investigaciones Sociológicas, (158), p. 17. Copyright 2017 de Revista Española de Investigaciones Sociológicas.
Ficheiro de datos:
Elementos e ordenación:
Autor. (Ano). Título do data set (número de versión) [ficheiro de datos]. Nome do repositorio ou editor. DOI ou URL
Exemplos:
INE. (2017). Principales variables de uso TIC por comunidades y ciudades autónomas [ficheiro de datos]. INE http://www.ine.es/jaxi/Tabla.htm?path=/t09/e02/a2016-2017/l0/&file=06001.px&L=0
Se a estatística viñese acompañada do code book poñeríamos nos corchetes [ficheiro de datos e code book]
Naves, J., Anta, J., Suárez, J., & Puertas, J. (2019). WASHTREET. Runoff velocity data using different Particle Image Velocimetry (PIV) techniques in a full scale urban drainage physical model [Conxunto de datos]. Zenodo. http://doi.org/10.5281/zenodo.3239401
Elementos e ordenación:
Con autor:
Autor, A. (día mes e ano). Título do artigo. Nome do perióidco, p. [ou pp.].
No caso de ser un artígo electrónico cambiaríamos o número de páxina por url
Exemplo:
Portillo, J. (21 de novembro de 2017). La justicia también tumba el impuesto de plusvalía al vender casas con ganancias. Cinco días. https://cincodias.elpais.com/cincodias/2017/11/20/midinero/1511202954_185731.html
No texto:
(Portillo, 2017)
Artigo sen autor:
Na bibliografía:
Las claves del fracaso del pacto de gobierno en Alemania. (20 de novembro de 2017). La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2017/11/20/claves-fracaso-pacto-gobierno-alemania/00031511178521944249658.htm
No texto:
("Las claves del fracaso...", 2017)
Elementos e ordenación:
Autor, A. A. [ou Alias] (día mes e ano). Titulo da nova. Nome do Blog. URL
Exemplo:
Bentolia, S. (23 de novembro de 2017). Visual y básico: ¿Somos ya más productivos? Nada es gratis. http://nadaesgratis.es/bentolila/visual-y-basico-somos-ya-mas-productivos
Elementos e ordenación:
Autor, A. (Ano). Titulo da páxina. URL
Exemplo:
Unión Europea. (2017). Web oficial de la Unión Europea. https://europa.eu/european-union/index_es
Cita no texto: se comentamos algunha información dunha páxina web no texto poderíamos limitarnos a poñer despois da cita a url cun paréntese (www.europa.eu) e xa non faría falta poñelo na bibliografía.
Elementos e ordenación:
Apelidos, Nome [@username]. (data completa). Título. Nome da rede social. URL
Exemplo:
Biblioteca da ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos UDC [@bibliocaminos] (27 de novembro de 2017). Megatúneles I: así se agujerea la tierra. Twitter. https://twitter.com/bibliocaminos
Se a conta da rede social non é de acceso público (só para amigos ou seguidores) non irá na bibliografía, poñerase no texto como unha comunicación persoal.
Exemplo:
Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa UDC.[@biblioteca.economicas.UDC] (18 de decembro de 2017). Ebsco integrou estes días PlumAnalytics nas súas bases de datos [infografía]. Facebook. https://www.facebook.com/biblioteca.economicas.UDC
Elementos e ordenación:
Autor, A. A. (día mes e ano). Título do vídeo [Vídeo]. Youtube. url
Exemplo:
Riel Biel, P. . (21 de novembro de 2017). Premio nobel de Economía: Richard Thaler [ vídeo]. Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=ZonTgtMNcMA
Charlas TED:
Poden facerse de dúas formas
Relator. (abril, 2018). Título [Vídeo]. TED Conferences. https://
TED. (16 de marzo de 2018). Reynolds Gar: presentation zen [Vídeo]. YouTube. https://
Elementos e ordenación:
Autor. (ano da versión empregada). Nome da ferramenta (versión empregada) [Modelo de linguaxe grande]. URL da ferramenta.
É preciso engadir como material suplementario a resposta completa que nos dou a ferramenta empregada.
Aconséllase poñer as instrucións (promts) no apartado de metodoloxía do traballo.
No texto citaráse o nome da empresa ou responsable da ferramenta e a data da versión empregada.
Exemplo:
OpenAI. (2024). Chatgpt (versión GPT-4) [Modelo de linguaxe grande]. https://chat.openai.com/chat
No texto:
OpenAI (2024).
Máis información no blog de APA https://apastyle.apa.org/blog/how-to-cite-chatgpt
Lembra que hai outras ferramentas como Copilot, Gemini, Claude ai ou Deepseek