Información: sobre os recursos de información e servizos que ofrece a biblioteca. Pódese solicitar presencialmente no mostrador de préstamo, por teléfono ou por correo electrónico.
Préstamo: para facer uso do servizo de préstamo é imprescindible identificarse coa tarxeta de usuario/a. Pódense levar en préstamo os documentos da biblioteca da EPEF e tamén os do resto de bibliotecas da UDC. As condicións do préstamo (duración e número de documentos) varían en función do tipo de usuario/a e do tipo de documento. Normas de préstamo
Consulta en sala: actualmente a biblioteca dispón de 46 postos destinados ao estudo, a lectura, o traballo en grupo e a consulta dos seus fondos, tanto de libre acceso, como de acceso restrinxido. Tamén dispón de tres ordenadores de uso público, que permiten o acceso a todos os recursos electrónicos subscritos pola UDC.
Formación: sesións formativas nas que se dan a coñecer os servizos e recursos da biblioteca e explícase como utilizalos. Formación.
Apoio á investigación: asesoramento personalizado ao persoal investigador sobre sinatura normalizada, filiación institucional, avaliación da produción científica… Asesoramento.
Buscas bibliográficas: calquera persoa usuaria pode solicitar que a biblioteca lle busque recursos de información sobre un tema do seu interese. Solicitude a través do seguinte formulario ou por email.
A biblioteca como sala de traballo en grupo: Máis información.
Acceso desde fóra do campus: posibilidade de acceder a todos os recursos de información subscritos pola Biblioteca Unversitaria desde fóra da rede da UDC mediante autenticación.
Quenda de mañá
Quenda de tarde