A nosa colección

A colección da biblioteca da ETSA foise formando ao longo dos anos grazas ás compras e ás doazóns de particulares e de institucións como o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG).


Entre as doazóns de bibliotecas particulares salientamos as dos arquitectos Pedro Mariño y Ortega, Rodolfo Ucha Piñeiro e Antonio Tenreiro Rodríguez, que aportaron á biblioteca obras francesas e alemanas publicadas nos primeiros anos do século XX. Recentemente a doazón da biblioteca-arquivo de Juan Luis Dalda Escudero suporá incorporar aos nosos fondos unha documentación moi valiosa no ámbito do urbanismo.


Na actualidade, estamos considerados a terceira biblioteca de arquitectura de España grazas aos máis de 52.000 volumes de monografías, 441 títulos de revistas e a gran cantidade de material non librario (proxectos, fotografías, DVDs…)  Completan a nosa oferta os recursos electrónicos especializados en arquitectura (Avery IndexDetail Inspiration) así como outros recursos de carácter multidisciplinar que o servizo da biblioteca pon a disposición dos usuarios.

Un pequeño fondo antigo (anterior ao 1801) enriquece a nosa colección, dentro del destacamos un exemplar do século XVI:

"L'architettura di Leon Batista Alberti; tradotta in lingua fiorentina da Cosimo Bartoli.Venetia : Apresso Francesco Franceschi, 1565".

Os nosos usuarios poden desfrutar de diferentes edicións facsímiles que inclúen tratados de arquitectura, debuxos, gravados e atlas.
 

Portada do libro de Leon Battista de 1565L'architettura de Leon Batista Alberti é a obra orixinal máis antiga da nosa colección. Data de 1565.

 

Portada do libro 20th Century World Architecture20th Century World Architecture, de 2012, un exemplo de libro de grandes dimensións (45x32 cm).