A tese de doutoramento é un dos culmens na carreira académica do estudante, investigador ou profesor. Unhas obras que cada vez adquiren unha maior visibilidade e que por tanto acompañarán á imaxe do seu autor así como á da súa institución no futuro. Dende esta páxina tratamos de poñer o noso grao de area para facilitar e apoiar aos seus creadores.
Todas as teses leídas na Escola pódense buscar a través de Crunia. A súa consulta posterior dependerá se a tese consérvase en formato papel ou tamén existe acceso á versión electrónica.
Teses en Crunia pertencentes ao Departamento de Composición.
Teses en Crunia pertencentes ao Departamento de Construcións Arquitectónicas.
Teses en Crunia pertencentes ao Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo.
Teses en Crunia pertencentes ao Departamento de Representación e Teoría Arquitectónica.
Teses en Crunia pertencentes ao Departamento de Tecnoloxía da Construción.
Teses en formato electrónico
Grazas ao Real Decreto 99/2011 que obriga ao autor da tese a súa publicación en aberto, todas as teses leídas con data posterior ao 28 de Xaneiro de 2011 son accesibles a texto completo na rede. Dende o RUC (Repositorio da Universidade da Coruña) podedes consultar estes traballos libremente, aínda que tamén podedes acceder ao documento dende o propio rexistro do Catálogo premendo no enlace "Acceder ao Texto completo".
Teses en papel
De todas as teses leídas na Escola consérvase unha copia en papel na Biblioteca, normalmente na Biblioteca Central (Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña). Estas obras son de consulta en sala polo que non se poden levar en préstamo.
As teses non publicadas son traballos que tradicionalmente, e debido a problemas co copyright, presentan poucas posibilidades de acceso. De feito, non se permite ningunha modalidade de préstamo (nin siquer o préstamo interbibliotecario), polo que para o acceso a maior parte das teses anteriores a 2011 e obrigado o desprazamento físico á universidade de orixe. Por suposto, e como xa dixemos, as teses leídas a partir do ano 2011 ofrecen acceso a través da Internet.
Teseo é unha base de datos referencial elaborada polo Ministerio de Edudación que permite recuperar información sobre todas as teses leídas nas Universidades españolas dende 1976. Proporciona enlace a moitas que xa están en aberto. É un recurso único, xa que ningunha outra base de datos ten a súa exhaustividade.
Para a consulta das teses españolas con acceso electrónico ao texto completo recomendamos principalmente dous recursos (aínda que tamén se pode acceder a estes traballos a través de Google Académico, este buscador non permite filtrar os resultados por tipoloxía documental)
Recolecta. É un agregador nacional de perfil puramente académico e que recolle todos os contidos almacenados nos distintos repositorios institucionais das universidades españolas mailo CSIC. Cubre todo o ámbito investigador español (ao menos os de carácter público). Unha vez realizada a busca, na páxina de resultados, pódense filtrar únicamente ás teses. Para iso, hai que seleccionar "Tipo de documento" e "tesis" e premer de novo en "buscar".
Dialnet Teses. Permite a busca conxunta nas teses a texto completo da maior parte das universidades públicas e privadas de España. Entre elas, todas aquelas incluidas no proxecto TDR (ou TDX, Tesis Doctorales en Red).
Aínda que non existe ningunha ferramenta perfecta na que poder facer unha busca conxunta de todas as teses que se van lendo nas distintas universidades do mundo, existen algunhas bases de datos de grande interese que pasamos a citar.
Bases de datos referenciais
Proquest Dissertations & Theses. Base de datos subscrita pola Universidade (para acceder a ela debedes facelo ben dende a propia UDC ou através da autenticación institucional). Aínda que se publicita coma unha base de datos de teses de carácter internacional, é máis exhaustiva para as teses leídas en universidades de EEUU e Canadá. A indexación das teses doutros países é máis irregular. Cubre un período moi longo, podendo atopar teses dende 1743. Arredor de 3 millóns de rexistros. Para boa parte das teses leídas despois de 1980 pódese consultar as primeiras 24 páxinas. Permite a compra da tese completa en formato electrónico. É unha base referencial, polo que non poderedes consultar o texto completo das teses do voso interese de forma gratuita.
REDIAL &CEISAL. Portal americanista europeo, formado por Redial (Red Europea de Información y Documentación sobre América Latina) y Ceisal (Consejo Europeo de investigaciones Sociales de América Latina), especializado en Humanidades y CC. Sociales de América Latina. Recolle as referencias bibliográficas de teses sobre América Latina ou de temática latinoamericana, lídas en universidades europeas desde 1980.
Bases de datos a texto completo
DART Europe. Proxecto europeo que permite a consulta a texto completo de máis de 555.000 teses.
NDLTD. Proxecto a nivel mundial que permite a consulta a texto completo de máis de 3 millóns de teses.
OATD: Open Access Theses & Dissertations. Acceso a teses a texto completo de máis de máis de 1000 universidades e institucións de investigación de todo o mundo.
Tesis latinoamericanas. Red de repositorios latinoamericanos. Proxecto a nivel latinoamericano liderado pola Universidade de Chile que permite o acceso ás tesis electrónicas publicadas a texto completo en diferentes universidades latinoamericanas.
Esta sección a bo seguro irá crecendo co tempo. Polo momento recomendamos a consulta das seguintes obras:
Cómo escribir y publicar una tesis doctoral .
Autores: Jaime Rivera-Camino
Signatura: DOC 334 (Casa do Patín)
How to write a better Thesis .
Autores: David Evans, Paul Gruba and Justin Zobel.
Signatura: R001 EVA
Enlace a Crunia:
Cómo obtener un doctorado .
Autores: Estelle M. Phillips, Dereck S. Pugh
Signatura: RC 6
Cómo se hace una tesis .
Autores: Umberto Eco.
Signatura: RC 11
Cómo escribir sobre arte y arquitectura.
Autoría: Juan Antonio Ramírez.
Signatura: RC 18
Ways to study and research: urban, architectural and technical design.
Autoría: T.M. de Jong et al.
Signatura: RC 53
Presentaciones inteligentes 100.
Autoría: Susan M. Weinschenk.
Signatura: RC 40
Aprender a hablar en público hoy.
Autoría: Juan Antonio Vallejo-Nágera.
Signatura: RC 16
Duarte Carlos,Gilberto O legado morfológico da arquitectura vernácula : contributo para o estudo de uma identidade arquitectónica no noroeste peninsular.