O Traballo Fin de Mestrado é a derradeira tarefa académica á que se enfrenta o alumno cara á obtención do título. Pero hai máis. Un bo TFM tamén pode ser a ponte precisa para escomenzar unha carreira investigadora ou para facilitar o acceso ao mercado laboral.
Na Biblioteca gardamos todos os TFMs das convocatorias anteriores. En concreto, e segundo a normativa, o alumno ten a obriga de subir unha copia do TFM en CD ou DVD. Estes traballos non se poden levar en préstamo, pero si consultar nas instalacións da Biblioteca.
Para a súa consulta en Crunia só tedes que seguir tres pasos: no campo TEMA incluir o texto exacto "trabajos fin de máster", filtrar os resultados á "B. Arquitectura Superior" e finalmente ordenar por data.
Fixemos un pequeno documento onde podedes consultar os TFMs (así coma os PFCs) a texto completo dispoñibles noutras Escolas de Arquitectura. En total, máis de 2.000 traballos están accesibles para que podades coller ideas, familiarizarvos coa estrutura, etc.
Traballos Fin de Carreira e de Mestrado Noutras Universidades
Esta sección a bo seguro irá crecendo co tempo. Polo momento recomendamos a consulta das seguintes obras:
Estructura, metodología y escritura del Trabajo de Fin de Máster .
Autores: Muñoz-Alonso, Gemma
Signatura: RC ARQ 51
Cómo escribir sobre arte y arquitectura.
Autoría: Ramírez, Juan Antonio
Signatura: RC 18
Presentaciones inteligentes 100.
Autoría: Weinschenk, Susan M.
Signatura: RC 40
Aprender a hablar en público hoy.
Autoría: Vallejo-Nágera,Juan Antonio
Signatura: RC 16