Editorial Elsevier

Ata o 15 de decembro de 2021 Elsevier pon a nosa disposición máis de 7.000 libros en inglés de carácter multidisciplinar publicados entre 2016 e 2020. Despois desa data, só se comprarán os títulos dos que se fixera maior uso (modelo de adquisicións EBS - Evidence Based Selection).

Aínda que esta editorial non está enfocada na Arquitectura, recomendamos tanto ao profesorado como a todo o estudantado revisar as listaxes que aparecen ao final desta páxina. E non só iso. No caso de atopar un libro do voso interése, animámosvos a usalo, pero tamén a compartilo co resto da comunidade da Escola. Así haberá máis posibilidades de que o libro se adquira definitivamente.

Up and Running with AutoCAD 2020: 2D Drafting and Design
  • Autores: Elliot J. Gindis and Robet C. Kaebisch
  • Editorial: Elsevier
  • Año: 2020
Handbook of Energy Efficiency in Building: A Life Cycle Approach
  • Autores: Francesco Asdrubali and Umberto Desideri
  • Editorial: Elsevier
  • Año: 2018