Que é?
Dialnet é unha das maiores bases de datos bibliográficas do mundo con máis de 4,7 millóns de documentos indexados (e 9.500 revistas "vaciadas"). O seu obxectivo principal é o de "dar maior visibilidade á literatura científica hispana".
Dialnet ofrece unha páxina individualizada para cada autor ao que lle adxudica un código identificador do tipo 776276. A URL da páxina fórmase a partir de propio código. Por exemplo, http://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=776276. O perfil é público e non ten ningunha política de privacidade.
Como se obtén?
Dialnet ID non deixa de ser un número de control asignado automáticamente pola base de datos. Se un investigador/a quere darse de alta no sistema debe conseguir que algún traballo de séu sexa indexado. Para iso, só tedes que poñervos en contacto con nós xa que a Biblioteca da UDC como membro asociado de Dialnet colabora na alimentación e continua actualización deste recurso.
Vantaxes
- Ofrece unha grande visibilidade xa que Dialnet é indexada polos principais buscadores coma Google e Google Scholar.
- Facilita unha precisa identificación ao conter información sobre as filiacións do investigador/a (presentes e pasadas), a súa área temática ou a rede de colaboradores.
- O autor pode conseguir que a súa páxina presente unha información moi completa. Dende a biblioteca podemos subir os vosos libros e capítulos, as participacións en congresos, a vosa tese ou outras tipoloxías documentais. Incluso se está a incluir a listaxe completa das teses dirixidas. Ademáis, tamén se poden engadir enlaces a outros identificadores e catálogos (coma ORCID ou ResearcherID, Biblioteca Nacional...), ás páxinas persoais ou do departamento, redes sociais, etc.
Limitacións
- Para que unha obra sexa indexada é necesario que ao menos un exemplar da publicación forme parte do catálogo dalgunha das bibliotecas colaboradoras (por exemplo, a nosa). Por outra parte, o normal é que non se indexen artigos pertencentes a revistas non hispanas, debido á propia natureza da base de datos (centrada na produción científica en castelán).
- O autor non pode editar directamente o seu perfil. Como xa dixemos, este traballo lévase a cabo dende as bibliotecas asociadas ao proxecto.
Que pode facer a Biblioteca por ti
Contacta con nós para adaptar o máis posible o perfil de Dialnet aos teus intereses.
Ext.: 5020, 5001
etsa.bib@udc.es