Bibliografía recomendada (BR)

O catálogo Crunia dispón dun novo buscador de documentos da bibliografía recomendada nas distintas asignaturas impartidas na Universidade. Consta dun sistema de listas despregables: na primeira, selecciónase a titulacion; a continuación, elíxese unha asignatura concreta da segunda listaxe despregable de materias desa titulación.

Os libros levan no lombo unha etiqueta amarela B.R.

 

 

Tamén podes acceder a ela picando en cada titulación que se imparte na EUAT e buscando as materias do teu interese

 

Preguntas frecuentes (FAQS)

A bibliografía recomendada é a relación de fontes de información que o profesorado introduce na guía docente da materia para que sirva de apoio ao alumnado na adquisición dos coñecementos sobre ese tema.

Hai dous tipos:

  • Bibliografía básica: recursos de información que o profesorado considera imprescindibles para a aprendizaxe da materia.
  • Bibliografía complementaria: recursos adicionais.

A BEUAT garánteche como mínimo un exemplar de cada un dos títulos da BR. O habitual é dispoñer de varios exemplares, sendo un deles de consulta en sala. Tamén pode haber exemplares dixitais.

Se non hai ningún exemplar, pode deberse a algunhas destas razóns:

- O documento está fóra do circuíto comercial (esgotado, descatalogado, edición non venal…) ou non se puido localizar.

- O documento está en proceso de adquisición.

Se non atopas o que buscas, podes facernos unha suxestión de compra