A Biblioteca está dividida en tres andares. O acceso atópase no andar baixo do edificio da EUAT e realízase a pé plano, sen salvar ramplas nin escaleiras. Non hai portas de apertura automática.
En xeral, hai unha boa mobilidade interior.
O ascensor dispón de varanda interior.
O mostrador de atención ao público ten unha altura de 73 cm. Non dispón de espazo para acercar unha cadeira de rodas.
As mesas dos postos de lectura teñen unha altura de 68 cm.