Investiga

(c) Statue of Alan Turing (Stephen Kettle, 2007). Photografy:  James O'Gorman (CC BY-SA 2.0)
Catálogo de servizos 2025

A biblioteca neste ano ofrece os seguintes servizos ao seu persoal investigador:

  • Asesoría e recollida de indicadores bibliométricos nos procesos de sexenios e acreditacións da ANECA.
  • Informes de revistas. Axudámoste a seleccionar a revista onde publicar o teu traballo, para o que recollemos información ata por 10 criterios diferentes. Aquí tes un exemplo.
  • Depósito delegado no RUC e Zenodo. Envíanos as túas últimas publicacións para cumprir coa Lei da Ciencia e cumprir cos mandatos do noso país e de Europa. Usa o noso formulario.
  • Asesoría en copyright e dereitos de autor.
  • Axudámoste a manter os teus perfís de autoría actualizados (ORCID, WoS ResearcherID, Scopus Author ID).