Para o tratamento dos datos e a súa posterior difusión, débense contemplar as cuestións éticas que rixen a investigación e o tratamento de datos confidenciais. Mesmo cando os datos son tratados para que non aparezan datos sensibles ou de carácter confidencial, igualmente considérase ético informar sobre o uso e destino dos datos.
Podes consultar o Comité de Ética da Investigación e a Docencia da UDC.
Outros enlaces de interese:
Ethics. H2020 online manual. European Commission
Legal and ethical issues. UK Data archive
O tratamento e xestión dos datos sensibles é altamente recomendado para mitigar os riscos que conleva a obtención e tratamento de datos masivos de carácter persoal. Consiste nun proceso que permite identificar e ocultar a información sensible, permitindo a súa divulgación sen que iso implique vulnerar os dereitos de protección de datos das persoas e organizacións que se poidan referenciar nos mesmos.
Na xestión dos datos de investigación é importante Anonimizar os datos de carácter persoal. OpenAIRE recomenda a utilización da ferramenta Amnesia de anonimización de datos, que permite borrar dos datos toda aquela información identificativa (nomes, código postal, datas de nacemento...).
Obxectivos da anonimización:
Será necesario anonimizar ou seudonimizar cando:
Se queres saber máis, podes consultar esta guía e a súa ferramenta asociada para anonimizar datos:
Co fin de facilitar a reutilización dos datos e cumprir coa R (Reusable) dos Principios FAIR, é fundamental que os demais coñezan os termos de uso da base de datos e do contido dos datos.
Para indicar os usos permitidos pódense utilizar licenzas Creative Commons 4.0. Para os datos de investigación abertos recoméndanse as licenzas CC0 e CC-BY. Tamén se poden utilizar licenzas específicas para datos como as Open Data Commons.
É importante ter en conta que, dependendo do proxecto de investigación e do acordo coa axencia financiadora do proxecto, podería ser necesario aplicar un período de embargo no cal os datos non poidan ser accesibles durante o tempo requirido. Ou pola contra, que a axencia indique explicitamente os prazos obrigatorios para a súa difusión pública e baixo que termos.
Tamén atendendo á idea xeral "Tan aberto como sexa posible, tan pechado como sexa necesario" contida nas Guidelines on FAIR Data Management in Horizon 2020, existen situacións que xustifican que non se difundan en aberto os datos de investigación tales como: existencia de cláusulas de confidencialidade, posibilidade de explotación comercial ou industrial etc.
Necesitas axuda seleccionando a licenza adecuada?
Podes utilizar as seguintes ferramentas:
Licenzas para software e código:
Toolkit de OpenAIRE para escoller a licenza adecuada.
Máis información na guía How to License Research Data, sobre como aplicar unha licenza aos datos de investigación.