Plans de Xestión de Datos

Debes documentar como xestionarás os teus datos de investigación antes de iniciar a túa investigación. É posible que necesites un plan de datos de investigación para a túa solicitude de subvención de investigación ou como requisito contractual.

O Plan de Xestión de Datos (PXD) –Data Management Plan (DMP) - é un documento que describe o ciclo de vida dos datos recompilados, xerados e procesados durante o proxecto de investigación. Inclúe cuestións como nome e descrición do proxecto, metodoloxía e estándares empregados, como se preservarán e compartirán os datos, nome e tipo de repositorio onde se depositarán etc. É un documento "vivo", que irá evolucionando e adquirindo máis precisión e contido ao longo do proxecto. Debería actualizarse polo menos dúas veces: a metade do proxecto e á finalización do mesmo. Ademais deberase facer unha nova versión se hai cambios importantes dos datos durante o proxecto. Os tempos dependen dos requisitos específicos da convocatoria á que se estea aplicando.

Os plans de xestión de datos perseguen un triplo obxectivo:

  • Garantir que non se perden os datos, sobre todo ao finalizar un proxecto de investigación;
  • Facilitar a súa correcta custodia desde a súa produción;
  • Permitir a súa preservación mediante documentación de toda a súa contorna tecnolóxica.

REBIUN (2016). 10 pasos para elaborar un Plan de Xestión de Datos. http://hdl.handle.net/20.500.11967/71

https://repositoriorebiun.org/bitstream/handle/20.500.11967/71/GL_IIIPE_Linea2_SubgOA_Info9_gallego_resolucionmedia_2016.jpg?sequence=10&isAllowed=y

 

Que incluír nun Plan de Xestión de Datos

 

  • Unha descrición dos datos de investigación - incluír o tipo e o volume de datos, o formato no que se gardan e onde se almacenan;
  • Tipos de acceso, tanto durante como despois do proxecto de investigación;
  • Como se habilitará a reutilización/compartición de datos;
  • Calquera restrición de acceso, reutilización ou confidencialidade;
  • Políticas de datos: propiedade intelectual e dereitos de autor, licenzas, tratamento de datos sensibles, etc.;
  • Canto tempo deben conservarse os datos;
  • Calquera condición de eliminación ou destrución.

 

Recursos de interese:

Best Practices of Data Management: recomendacións de DataONE sobre como xestionar os datos en todas as fases do ciclo de vida do proxecto de investigación.

Exemplos de plans de xestión de datos do Data Curation Centre

How to create a Data Management Plan: información de axuda de OpenAire para a preparación do plan de xestión de datos.

 

Onde atopar Plans de Xestión de Datos xa elaborados

 

Os seguintes sitios ofrecen un catálogo de plans reais, que poden servir de orientación:

LIBER: Data Management Plan Catalogue
Zenodo: data management plan
Digital Curation Centre: DMP online
Digital Curation Centre: example DMPs and guidance
DMP Tool
Argos

 

Algunhas ferramentas para elaboración de plans de xestión de datos

 

DMPOnline: é a ferramenta recomendada pola Comisión Europea, contén as plantillas para xerar Plans de Xestión de Datos de diversas axencias financiadoras de investigación.

Argos: plataforma aberta para a planificación da xestión de datos creada por OpenAire e EUDAT que cumpre os principios FAIR.

DSW Wizard: é unha ferramenta con funcionalidades específicas para investigadores e institucións e a súa plantilla cumpre os principios FAIR.

PAGODA: (adaptada e traducida ao castellano da ferramenta Argos, desenvolvida por Open Aire)

Pla de Gestió de Dades de Recerca: unha ferramenta en liña, desenvolvida polo Consorcio de Servizos das Universidades Catalás, baseada no modelo creado polo DCC (Digital Curation Centre, UK). Inclúe exemplos reais na plantilla para axudar na elaboración do Plan de Xestión de Datos.