Que revistas publican sobre a túa liña de investigación?

O primeiro criterio para crear unha pre-selección de revistas debe basearse na pertinencia temática da revista respecto a a nosa liña de investigación. 

Non ten sentido empezar a buscar unha revista polo cuartil "desexado" dentro do Journal Citation Report (JCR) ou por se é unha revista de acceso aberto e permite cumprir co mandato da axencia de financiamento que apoia a investigación.

A estas alturas, debe existir un proxecto inicial do artigo, con polo menos un título provisional, un resumo (mellor en inglés) e unhas palabras clave. Reunir esta información permitirache facer procuras pertinentes e unha revisión sistemática nas principais bases de datos científicas.

Por suposto, a bibliografía que se está a utilizar para escribir o artigo pode darnos sólidas pistas sobre as revistas que poden estar interesadas na nosa investigación. Non está mal empezar por identificar onde se están a publicar eses artigos.
 
Que pasos podemos seguir para a identificación das revistas que están a publicar artigos relacionados coa nosa liña de investigación?
 

1. Bases de datos interdisciplinares (WoS o Scopus)  e especializadas.

A partir dos termos incluídos no resumo e palabras clave podemos lanzar unha serie de procuras o máis específicas posibles nas bases de datos que adoitamos manexar. WoS ou Scopus permiten coñecer que revistas publican máis artigos dunha liña de investigación concreta (ver imaxe).

faceta_WoS_titulo_publicacion

Neste exemplo, buscando en WoS sobre "Extreme Learning Machines" (ELM) para o período 2020-2023, ao pulsar en "See all" en "Publication/Source Title", vese que a revista que máis publicou sobre este tema nestes últimos 4 anos foi "IEEE Access" (105 artigos), seguida por "Expert Systems with applications" (46 artigos), "Applied Soft Computing" (41 artigos) etc.

2. Ferramientas específicas para a procura de revistas

Estas herramientas suelen solicitar que cubras una serie de campos - normalmente título y resumen - a partir de los cuales tratarán de recuperar aquellas revistas que más se ajustan a tu línea de investigación. 

Existen ferramentas moi interesantes que, coas súas limitacións, pódennos facilitar moito a tarefa á hora de confeccionar unha listaxe de revistas candidatas.
 
Estas ferramentas adoitan solicitar que cubras unha serie de campos - normalmente título e resumo - a partir dos cales tratarán de recuperar aquelas revistas que máis se axustan á túa liña de investigación.
 
Ademais de ser unha forma moi sinxela de obter unha primeira listaxe de revistas, poden ademais incorporar información engadida de interese (factor de impacto da revista, se é ou non de acceso aberto, taxas de rexeitamento etc.).
 
A maior parte delas están promovidas por editoriais e só teñen en conta as súas propias revistas: