A biblioteca da Facultade de Filoloxía dispón dunha sala de traballo en grupo na 1ª planta. Non é unha sala de estudo.
Poden facer uso dela, por esta prioridade:
- Profesores con estudantes, para actividades didácticas.
- Estudantes para realizar traballos en grupo.
Número de usuarios
O número de postos de traballo é de 8.
Contén dous postos de consulta de DVD-VHS.
Termos de uso
1. Para usar a sala é necesario facer unha reserva no mostrador de préstamo da biblioteca (planta 0).
2. A chave facilitarase polo persoal da biblioteca previa presentación da tarxeta universitaria. Ao finalizar o período de utilización, o usuario, tras pechar o espazo, entregará a chave da sala. A todos os efectos el é o responsable do bon uso das instalacións.
3. A duración normal do préstamo da sala é de 4 horas. No caso de que non haxa outra reserva poderase ampliar o tempo de uso.
Horario
O horario da sala de traballo é o mesmo que o horario da biblioteca.
Responsabilidade dos usuarios
- Non está permitido comer nin beber.
- Os teléfonos móbiles deberán estar desconectados.
- Manterase un ton de voz que non moleste ao resto da biblioteca.