ESPAZOS

SALA DE LECTURA

Espazo pracenteiro e funcional para o traballo e o estudo. Dispón de iluminación natural e conexións eléctricas en todas as mesas. Nesta ampla sala atópase o mostrador de información e préstamo, dous ordenadores de uso público, unha impresora, un lector de DVD, un escáner, o expositor de novidades e os fondos bibliográficos de obras de referencia e fondo antigo.

SALA MULTIUSOS

Espazo que pode utilizarse como sala de traballo en grupo, lugar de reunións, aula de formación, ou sala multimedia para videoconferencias ou gravación de vídeo. Para iso dispón do equipamento necesario, como televisor de 65 pulgadas, dispositivo Logitech Connect para videoconferencias, lousa blanca, estabilizador de imaxe e anel de luz. A sala ten iluminación natural e dúas mesas de traballo con conexión eléctrica.

FONDOS BIBLIOGRÁFICOS

Os fondos bibliográficos atópanse en libre acceso e están organizados en materias que reflicten a temática dos estudios que se imparten no Campus de Oza. Para encontrar un libro con facilidade consulta o código de referencia no catálogo Crunia.

POSTOS DE ESTUDO INDIVIDUAIS

No corredor que atravesa a Biblioteca atópanse 8 postos de lectura individual, que dispoñen de iluminación propia e conexións eléctricas na parede lateral.

ESPAZO DE RELAXAMENTO

Nun ambiente que invita ao descanso e ao relaxamento, este espazo está dotado de catro modernos e confortables poltronas, para todos aqueles que necesitan un pequeno receso nas súas actividades académicas.

CABINA para VIDEOCONFERENCIAS

Espazo de uso individual para realizar videoconferencias nun ambiente discreto e precenteiro. Para utilizar este espazo cómpre solicitalo no mostrador da Biblioteca ou chamando ao teléfono 881015818.

DESPACHO

Despacho de dirección e xestión da información.