Aínda que as normas Vancouver inclúen diferenzas á hora de anotar citacións, segundo o formato da revista sexa en papel ou en Internet, no mundo da edición científica estáse a impoñer unha tendencia para unha maior clareza nas referencias bibliográficas, tendo en conta que a diferenza entre ambos os dous formatos xa non resulta transcendente.
Pódese citar todo o artigo ou algunha parte dentro do mesmo, polo xeral, táboas, figuras ou apéndices, na súa versión impresa ou en liña.
Autor ou autores*. Título do artigo. Título abreviado da revista**. Data de publicación; Volume (Número): Páxinas.- Notas***
Smith PJ, Blumenthal JA. Aspectos psiquiátricos y conductuales de la enfermedad cardiovascular: epidemiología, mecanismos y tratamiento. Rev Esp Cardiol. 2011;64(10):924-93.
* No referente ao autor/editor revisar o capítulo de "Cuestións previas"
** O título abreviado é obrigatorio en Vancouver. Para coñecer a abreviatura dunha revista cómpre consultar o NLM Catalog: journals referenced in the NCBI databases. No caso de non atopar a abreviatura, fabricar unha nova baseándose nos parámetros doutras abreviaturas existentes.
*** O campo Notas é opcional, aínda que proporciona información de moita utilidade para a comprensión e identificación do artigo. Salientamos as seguintes:
Cando se trata de artigos en Internet, existe a posibilidade de engadir novos elementos como medio de publicación [Internet], Data de citación e a URL onde se atopa dispoñible.
Díaz Grávalos GJ, Gil Vázquez C, Andrade Pereira V, Alonso Payo R, Álvarez Araújo S, Reinoso Hermida S. Factores asociados con la aparición de caídas en ancianos institucionalizados: un estudio de cohortes. Rev Esp Geriatr Gerontol [Internet]. 2009 Oct 24 [citado 2014 Mar 31]; 44(6):310-304. Disponible en: http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/
S0211139X09002285
NOTA: usarase sempre a URL orixinal da revista, non enlaces a bases de datos (PubMed, por ex.) nin a redes sociais como Researchgate, nin a catálogos web, etc.
PARTES DE ARTIGOS
Artículo da revista. Nome e número de parte, Título de parte; Paxinación.
Kenny S, Gowran RJ. Outcome measures for wheelchair and seating provision: a critical appraisal. Br J Occup Ther. 2014 Feb; 77(2):67-77. Table 1, Wheelchair-specific outcome measures; p. 70-71.
Hadders-Algra M. Variation and variability: key words in human motor development. Phys Ther Dec; 90(12):1823-1837. Figure 1, Variation in motor behavior in a supine position at 8 months postterm; p. 1829.