CUESTIÓNS PREVIAS

 

A regra habitual para a transcripción de autores e/ou editores é escribir o apelido/s seguido/s da inicial ou iniciais do nome, aínda que de forma opcional poden indicarse o/s nome/s completos/s dous autores para procurar unha maior compresión e visibilidade. Neste último caso a puntuación varía substancialmente, xa que deben separarse o apelido do nome cunha coma, as iniciais deben levar punto, e os nomes sucesivos deben separarse por punto e coma.

Takagi Y, Harada J, Chiarugi AM 
Takagi, Yasushi; Harada, Jun; Chiarugi, Alberto M. (opcional)

Existen, non obstante, algunhas recomendacións que se utilizan específicamente no formato Vancouver, que hai que ter en conta: ignorar guións (Jean-Louis Lagrot se escríbese Lagrot JL) e usar soamente a primeira letra de nomes que conteñan prefixos, preposicións ou partículas (D’Arcy Hart escríbese Hart D ; W. St. John Patterson escríbese Patterson WS ; Craig Mac Brooks escríbese Brooks CM).

O número de autores reflictidos na referencia pode reducirse aos seis ou aos tres primeiros, engadindo a apostila final “et al” (Iraola J, Elias A, Gutiérrez D, García Y, Fraga LM, Vázquez A, et al.) (Rastan S, Hough T, Kierman A, et al.)

No caso de que unha organización apareza como autor débese escribir sen o artigo inicial (American Cancer Society, en vez de The American Cancer Society). No caso de que os autores sexan varias organizacións débense separar por un punto e vígula (Canadian Association of Orthodontists; Canadian Dental Association). E, por último, pódese incluir unha parte da organización separada por vígula do nome principal, (American Medical Association, Committee of Ethics)

Cando as organizacións son entidades gubernamentais, e a nacionalidade non forma parte do nome, débese incluír a abreviatura do país entre parénteses despois do nome, seguindo o formato dos códigos ISO (http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK7249/). Esta norma tamén se aplica ao campo de Lugar de publicación.

Se non hai autores, pero si editores ou tradutores, débense citar con referencia á súa función (Butcher J, Howard K, editors)

No título debe figurar con maiúscula soamente a primeira letra da primeira palabra, excluíndo nomes proprios e acrónimos (son moi correntes os títulos con maiúsculas en cada palabra, especialmente en inglés).