A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business, adscrita á Facultade de Informática da Universidade da Coruña e á Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, ten como obxectivo potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.
Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén facilitar a súa integración no mundo laboral salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.
Por outro lado, está previsto o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC de cara a xerar referentes para espertar o interese de nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas
Ano de creación: 2019
Entidade colaboradora: Aldaba Servicios Profesionales
Director/a: Virginia Mato Abad, Alma Gómez Rodríguez
Páxina web: https://wib.aldaba.es