Cátedra CICAS polo impulso da Ciencia aberta a través do Software
A finalidade da Cátedra CICAS polo impulso da Ciencia Aberta a través do Software, promovida pola Facultade de Informática da Coruña e a empresa Sngular, é tender pontes entre o persoal informático e científico para mellorar este software e contribuír a reproducibilidade da ciencia fomentando o acceso aberto a ese software científico.
A Cátedra ten como obxectivos estratéxicos:
- Poñer en valor a transcendencia que ten o desenvolvemento de software como motor da I+D+i nos seus diversos eidos.
- Apostar pola calidade, a sustentabilidade e a transferencia efectiva á sociedade das ferramentas de software empregadas na investigación, contribuíndo a fomentar o novo paradigma industrial 4.0.
- Promover o código e ciencia abertas e a colaboración entre a comunidade de desenvolvemento de software e a comunidade investigadora.
- Contribuír á consolidación da Coruña como un referente galego, nacional e internacional no ámbito do desenvolvemento de software e das tecnoloxías da información.
Ano de creación: 2022
Entidade colaboradora: Sngular
Director/a: Laura Milagros Castro Souto
Páxina web: https://catedra-cicas.udc.gal/#/