Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

O obxecto da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte é a regulación da colaboración estable entre a Universidade da Coruña e el HOSPITAL co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.

Como obxectivos estratéxicos da Cátedra destacan os seguintes:

  • Lograr que en A Coruña se forme un centro de referencia no ambito da traumatoloxia do deporte, non só para Galicia, senón para todo o noroeste peninsular
  • Promover unha formación de calidade no campo da traumatoloxía do deporte nos ámbitos da medicina, fisioterapia, e da educación física, da que podan aproveitarse os profesionais do entorno da UDC e da Coruña
  • Estimular a investigación no ámbito da traumatoloxía do deporte

 

Ano de creación: 2015

Entidade colaboradora: Fundación HM

Director/a: Miguel Santiago Alonso

Páxina web: https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/index.asp?id=68&idioma=GA